Manifesto Miñor reclama un punto de vacinación no Val de Miñor
No Pleno do pasado xoves, 3 de xuño, presentamos unha moción sobre a necesidade de instalar un punto de vacinación no Val de Miñor que dea cobertura a toda a comarca. Evitaríamos, así, que toda a poboación (sobre todo as persoas de idade avanzada que precisan dun coche alleo para desprazarse) dos tres concellos do Miñor se tivese que desprazar ao IFEVI para vacinarse e as retencións na AP-9 na saída do aeroporto.
Malia que a moción foi aprobada por maioría (cos votos en contra do Partido Popular), o certo é que o debate deixou, máis unha vez, retratado a Don Paco Ferreira, que gabou a dirección do SERGAS sen facer referencia ningunha ás profesionais e aos profesionais da saúde que están traballando arreo para desenvolver a vacinación. En todo caso, dende Manifesto Miñor entendemos que sería moito máis operativo contar cun espazo de vacinación para toda a comarca e aproveitar dunha maneira máis eficiente os recursos de que dispoñemos.