Manifesto Miñor presentou unha moción para solicitar a limpeza do río Miñor a fin de mellorar a fluidez e evitar os efectos máis graves das enchentes

Esta mañá, dende Manifesto Miñor presentamos unha moción para solicitar da Xunta a limpeza do río Miñor de inmediato para evitar que as enchentes destes días sigan provocando desfeitas no concello. Logo saiu don Paco Ferreira anunciando que ía solicitar o que pedíamos na nosa moción.

 

SR. ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE GONDOMAR.

Antonio Araújo Quintas, veciño de Gondomar, con domicilio na Avda. do Conde nº21, na súa condición de concelleiro do Grupo Municipal de MM-EM e no exercicio do seu cargo, a través deste escrito PRESENTA ao Pleno a seguinte MOCIÓN:

MOCIÓN SOBRE A SOLICITUDE Á XUNTA DE GALICA PARA QUE PROCEDA CON URXENCIA A LIMPAR A CANLE E AS RIBEIRAS DO RÍO MIÑOR DE ATRANCOS QUE IMPEDEN A FLUIDEZ NATURAL DA AUGA, ENTRE OUTRAS MEDIDAS.

A Xunta de Galicia vén de anunciar o comezo inminente das obras do proxecto denominado “Drenaxe do Río Zamáns” no centro da Vila de Gondomar pra evitar os asolagamentos que tanto dano nos fan cando hai enchentes na zona da Pza de Abastos. As propias autoridades representantes do Goberno Galego recoñecen publicamente que se trata dunhas obras de carácter paliativo que non van resolver definitivamente o problema.

Con todo son unhas obras necesarias, ainda que complexas, e que no seu día cando a aprobación das mesmas polo Pleno da Corporacaión Municipal, dende MM advertimos dalgúns riscos que debería terse en conta, como por exemplo a chegada da auga con máis rapidez e virulencia ao Barrio da Ponte en Mañufe coa conseguinte complicación para as persoas que alí viven. Apuntabamaos tamén nese pleno que o proxecto e as memorias do mesmo non facían mención á eliminación dos atrancos que dende hai anos obstruen a correcta fluidez da auga en toda a canle do Río Miñor, algo que sen dúbida axudaría a minimizar ese impacto da zona da Ponte Mañufe. Obviamente, habería que estudar con rigor e actua, a zona da Xunqueira onde os sucesivos aterramentos e construccións de todo tipo crearon un inmenso tapon que impide o correcto desaugue do Miñor na Foz.

É por iso que ao noso entender, unha correcta actuación sobreo o Río Miñor para corrixir todas as agresións sufridas durante décadas, e devolverlle o seu estado natural na medida do posible e do reversible, pasa porque as actuacións deben facerse dende abaixo até arriba, se en verdade se queren evitar as enchentes e que a auga desaugue libre de atrancos.

Pois ben, á vista das últimas enchentes deste Nadal, e que lamentablemente todo indica que os modelos climáticos nos levan a periódos de seca seguidos de fortes enchentes con grande capacidade de destrucción, dende a Corporacaión Municipal de Gondomar nonp odemos estar alleos a esta realidade e demandar de quen ten a competencia (Augas de Galicia-Xunta de Galicia) aquelas actuacións urxentes que eviten males maiores, seguidas dos estudos que dean lugar a proxectos que axuden a resolver o definitivamente o problema. É por iso que presentamos ao Pleno da Corporación Municipal, as seguintes PROPOSTAS:

1º.- O Pleno da Corporación Municipal de Gondomar demanda da Xunta de Galicia (Augas de Galicia) que proceda con urxencia á retirada das dúcias de árbores caídas que impiden a fluidez natural do Río Miñor ao longo do seu curso, eliminando ou despexando todos aqueles atrancos que se encontran nas beiras ou na propia canle atá a Xunqueira.

2º.- Proceder a realizar os estudos pertinentes na desembocadura do Río Miñor, dende a ponte da Xunqueira curso arriba, que definan e valoren correctamente a situación de taponamento que alí se dá, así como as medidas a tomar.

En Gondomar, a 26 de decembro de 2022.

Asdo. Antonio Araújo Quintas.

Portavoz municipal de MM-EM

Decembro 26, 2022