Manifesto Miñor presenta unha moción no Pleno de setembro solicitando a bonificación no IBI pola instalación de paneis solares
Gondomar, 3 de setembro de 2025.- En Galicia, son aproximadamente 40 concello de máis de 10 mil habitantes os que incentivan o autoconsumo enerxético aplicando algún tipo de bonificación fiscal, ben sexa no imposto de benes inmobles (IBI) ou no de construcción (ICIO), segundo se reflicte no informe elaborado pola Fundación Renovables titulado ”Incentivos fiscales en el IBI y el ICIO para instalaciones de autoconsumo fotovoltaico en municipios con más de 10.000 habitantes”. No Concello de Gondomar, esta circunstacia comeza a ser evidente e cada vez son máis veciñ@s os que optan por estes sistemas de autoconsumo ou aforro enerxético, nas súas diferentes formulacións técnicas. É por iso que dende Manifesto Miñor entendemos que o Goberno Municipal debe ter en conta esta nova realidade, apoiándoa con medidas concretas que ademais servan de incentivo para que máis veciñ@s se sumen á mesma.
As razóns que nos levan a presentar esta iniciativa son moitas: aumento da consciencia medioambiental e aforro enerxético e, aínda admitindo que esta fórmula só é unha pequena achega que a veciñanza temos nas nosas mans, o caso é que a instalación de paneis solares nos tellados das nosas casas, edificios, garaxes, etc., comeza a ser unha realidade que vai en aumento.
Comunicación Manifesto Miñor