Manifesto Miñor presenta unha iniciativa contra as abusivas comisións de Abanca
A Corporación Municipal, como máxima expresión da vontade popular de Gondomar, ten a obriga política e moral de defender á veciñanza de calquera tipo de abuso, como é o caso das abusivas comisións de Abanca. Dende Manifesto Miñor, entendemos que cómpre utilizar lexitimamente todos os mecanismos que o Concello ten na man solicitar de Abanca unha rectificación diante desta situación de abuso.
Para nós, está claro: a banca ética é o camiño, tanto para os concellos como para a cidadanía en xeral.