Manifesto Miñor presenta alegacións ao proxecto de reforma da PO-331 en Vincios
Manifesto Miñor quere expresar o seu rexeitamente diante dun proxecto que non está pensado para a veciñanza de Vincios, en tanto quedaría unha parroquia partida pola metade: “convertirá esa travesía urbana nunha muralla infranqueable que dividirá en dúas partes de imposible comunicación á parroquia de Vincios”. No mellor dos casos, só sería de utilidade para os vehículos que atravesan a parroquia subindo cara a Vigo-O Porriño ou baixando cara a Gondomar.
Supresión da peaxe na AG-57
Dende Manifesto Miñor, pensamos que a solución aos problemas de tránsito na Comarca do Val Miñor pasa pola supresión da peaxe na Autoestrada AG-57, Vigo-Baiona. No caso de Vincios a solución aínda sería moito máis favorable habilitando os enlaces construídos e fóra de servizo á altura de Xián, o que posibilitaría a comunicación da parroquia de Vincios dende o Sur. Por iso resulta imprescindible a SUPRESIÓN DA PEAXE NA AG-57.