Manifesto Miñor loita contra a fenda dixital no rural [Moción]
Mentres o Goberno Municipal do PSOE enche a Vila de luces de Nadal, de adornos e eventos de todo tipo, cuxo custe xa veremos cando teñamos acceso ás facturas, xs nenxs do rural de Gondomar non lle porderán enviar as cartas por Internet aos Reis Magos de Oriente por carecer deste servizo nas súas parroquias, ou por ser de moi baixa calidade. Mentres vemos como noutros concellos veciños comezan a resolver esta grave carencia. En Manifesto Miñor levamos reclamando dende hai tempo, que primeiro hai que apostar pola política do necesario e deixar para o final a política do bonito…..aínda que isto dea menos votos. Os cartos públicos teñen que priorizarse nas necesidaes básicas.
Que o Sr. Ferreira se poña as pilas que xa vai sendo hora, e se adique ás cousas importantes, que pra iso ten un goberno moi ben pagado onde están liberados 7 de 9 concelleirxs.
Esta é a moción que foi presentada para debater no pleno de novembro.
MOCIÓN SOBRE A ESCASA COBERTURA DA INTERNET NAS PARROQUIAS DE GONDOMAR.
Un recente informe do Ministerio de Economía e Empresa que analizou a situación de cobertura da Internet no territorio do Estado, chegou á conclusión que na maioría do territorio rural a conexión a Internet é deficiente, agravándose especialmente en Galicia, Asturias e Canarias. Onde no caso de existir conexión, a velocidade da mesma está por debaixo de 2Megabits cando o recomendable sería por riba de 10 Mbps.
Na sociedade actual a posibilide dunha boa conexión á Internet pode marcar a diferenza entre quedar ou abandoar o rural; entre ter as mesmas posiblidades á hora de promover unha iniciativa comercial, empresarial ou, simplemente de avanzar nos estudos para a xente moza, nenxs, lecer, acceso á información etc.
En resumo, podemos dicir que hoxe en día a fenda dixital existente entre o mundo urbano e o rural é unha realidade incontestable, que sumada a outras carencias de servizos públicos como transporte, saneamento, etc, fan que o despoboamento avance ás présas, e o que é peor, criando cidadáns de primeira e cidadáns de segunda, que sería o caso das parraquias de Gondomar.
Esta situación en pleno S. XXI, e nunha sociedade que presume de avanzada, resulta intolerable para unha veciñanza que, no caso de Gondomar, ve como se gastan os cartos de todxs en “cousas bonitas” esquecendo as cousas necesarias.
Na actualidade a tecnoloxía ofrécenos un abano de solucións importante para resolver esta discriminación en función das necesidades, demandas, etc, xa que logo é unha cuestión de vontade política facer entrar pola vía da responsabilidade social ás empresas operadoras de comunicación, unha tarefa que lle cómpre asumir sen demora ao Goberno Nuncipal.
Nós non imos propoñer, por descoñecer as solucións máis acaídas, cales poden ser esas solucións técnicas, só nomearemos algunhas: a principal podería ser a Fibra Óptica; ADSL rural ou indirecto (só dispón del Moviestar); Internet móbil (3G e 4G); WiMAX; Internet por Satélite Wifi 5G ou WiFi rural, etc. Dicir que neste senso a Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) da Xunta de Galicia puxo en marcha un “Nodo de Cooperación 5G” entre o operador público RETEGAL e as operadoras Orange, Telefónica e Vodafone co obxecto de realizar diversas probas piloto en diferente puntos do rural galego.
Isto vén demostrar a existencia de solucións posibles e viables tamén para o noso Concello, alí onde sexa necesario. Manifesto Miñor levamos detectado fallos evidentes e graves nas conexións a Internet en Morgadáns, Prado, Vilas, Murxido, etc.
Por todo isto, a Corporación Municipal de Gondomar, acorda INSTAR ao Goberno Muncipal a facer coa máxima urxencia as xestións pertinentes ante as empresas operdoras de telefonía; Retegal, Xunta de Galicia, Deputación Provincial, etc co obxecto de resolver as carencias expostas nesta moción e acabar coa discriminación existene entre a veciñanza do rural e da das zonas urbanas-
En Gondomar, a 22 de Novembro de 2019.
Asdo.: Antonio Araújo Quintas.
Voceiro de Manifesto Miñor – En Marea