Manifesto Miñor levará a Pleno os cortes de luz nas parroquias de Gondomar

Se algunha persoa chegou a pensar que os cortes na subministración eléctrica eran cousa do século pasado, estaba equivocada. Nin sequera é necesario que haxa mal tempo para que nos volvan ao S. XIX. Pois ben, chegou o momento de que o Concello, o Goberno Municipoal Muncipal e o propio Alcalde deixen atrás as declaracións grandilocuentes que so producen titulares de prensa, e se poña a traballar en favor da veciñanza usando as ferramentas legais e de presión que teñen na man, que son moitas.
Por ese motivo, dende o grupo municipal de Manifestro Miñor-En Marea, vimos de presentar unha moción para que o Concello de Gondomar, como grande consumidor que é (máis de 300 000€/ano en enerxía eléctrica), saque con urxencia a concurso público a subministración electrica do consumo municipal, impoñendo cláusulas no prego de condicións que debe rexir o devandito concurso de salvagarda dos intereses da veciñanza e do propio Concello que corrixan este tipo de abusos.
A moción sería debatida no vindeiro pleno de xaneiro.

 

Decembro 29, 2020