Manifesto Miñor inicia un proceso de primarias aberto a toda a cidadanía

Dende este venres 13 de marzo se abre o plazo de inscripción de veciños e veciñas nas Primarias Abertas do Movemento Veciñal Manifesto Miñor recibindo candidaturas persoais dentro do proceso de eleccións primarias cara ás municipais do 24 de maio.

A convocatoria  está aberta “a toda a cidadanía do Val Miñor”.

As persoas interesadas en se presentar poderán facelo en tres diferentes opcións:

  • para encabezar a lista
  • para completar o resto da lista
  • ou para ambas as dúas opcións,

especificando o Concello ao que se queren presentar ou se o queren facer á Entidade Local Menor de Morgadáns.

O proceso rexerase polo Regulamento de Primarias e o Código Ético aprobados na III Asemblea do Manifesto Miñor.

O prazo de inscrición rematará o mércores 18 vindeiro ás 20.30 horas.

Os formularios para inscribirse están dispoñibles na páxina web do Manifesto Miñor.

www.manifestominhor.com

Ou presencialmente, os días 14 e 18 deste mes, das 19.00 ás 20.30 horas nos tres concellos noes seguintes enderezos:

GONDOMAR: Rúa Párroco José Otero, 9 baixo

BAIONA: Rúa Santa Liberata, 6 baixo

NIGRÁN:  “Café O Cafeciño”, Rua Damas Apostólicas, 19 , A Ramallosa.

A proclamación definitiva das persoas candidatas realizarase (logo do prazo de presentación de reclamacións, durante os días 19 e 20), o sábado 23 nun acto público onde se presentarán as persoas candidatas as listas.

As persoas candidatas poderán desenvolver a súa Campaña Electoral ata o día 27 de marzo, para pasar logo ás votacións telemáticas, que terán lugar o sábado 28, e ás presenciais, o domingo 29.

Marzo 12, 2015

Etiquetas: