Manifesto Miñor esixe que o goberno de don Paco Ferreira saque a concurso público o contrato da subministración eléctirca municipal

Trátase dunha medida que permitirá protexer á veciñanza de continuos cortes de luz en determinados barrios e parroquias e, tamén, suporá un aforro importante para as arcas municipais.

 

No Pleno da Corporación Municipal celebrado o 8 de xaneiro de 2020, foi aprobada a moción presentada por este grupo municipal cos votos a favor do PSOE, BNG e C´s e a abstención do PP, que no seu punto único rezaba :

 

“1º.- Coa máxima urxencia, sacar a concurso público a subministración da corriente eléctrica consumida polo Concello de Gondomar, incluíndo nas bases que rexan o prego de condicións do devandito concurso, cláusulas que penalicen o deficiente subministro, tanto para o Concello como para o conxunto da veciñanza de Gondomar.”

Dous anos despois volvemos reiterar a proposta. Se daquela era unha cuestión de legalidade e para protexer á veciñanza dos cortes de luz, agora ademais, é unha cuestión de aforro, pois o Concello como grande consumidor que é, a través dun concurso público pode conseguir condicións ventaxosas nos prezos de subministración co conseguinte aforro ás arcas municipais. 

Dádo o incumprimento do acordo plenario aprobado  no devandito pleno que segue con total vixencia, e a maiores co apremio dun  imperativo legal tal como se reflicte nos informes de reparo da Intervención Municipal que obriga inexorablemente a sacar a concurso público a subministración eléctrica ao Concello, agora, por mor da crise enerxética criada por unha especulación indecente que practican os oligopolios eléctricos, o devandito concurso público faise ineludible, a non ser que o Goberno Municipal queira cometer unha irresponsabilidade política sen parangón… ou doutro tipo. O aumento desorbitado da facturación no consumo eléctrico municipal que pode acabar o ano cerca do millón de euros. Obviamente, un concurso público pode supoñer un aforro importante ademais de cumprir a legalidade, e mesmo protexer á veciñanza dos cortes e abusos das eléctricas vía penalizacións que se deberían recoller nas bases ou nos pregos de condicións que regulen o devandito concurso público.

Maio 1, 2022

Etiquetas: , , ,