Manifesto Miñor denuncia que o GES contaba cun só efectivo para toda a comarca do Val de Miñor na Noite Boa… e porriba a comarca afogando
O goberno da Mancomunidade é o responsable de semellante neglixencia por non cumprir coa promesa de dotar o GES con máis persoal e, sobre todo, por deixar de lado a súa xestión.
A veciñanza do Val de Miñor debe saber cantos efectivos había de garda en Noite Boa mentres medio Val de Miñor afogaba, principalmente a Vila de Gondomar e o barrio da Ponte en Mañufe, pois había UN SÓ BOMBEIRO. Asemade debe saber tamén que o GES da nosa Comarca conta con varias bombas de achique que poden evacuar máis de 1000 LITROS POR MINUTO e que non se puideron utilizar por falta de efectivos.
Onde estaba o Goberno da Mancomunidade e toda a Oposición? Porque non cumpren a promesa de dotar ao GES con máis persoal tal coma prometarn os alcaldes da Comarca a principios do mandato?
Porque non hai un Xerente e un responsable político do goberno da Mancomunidade que faga que un servizo tan importante funcione? Obviamente xs traballadorxs do GES fan máis do que humanamente é posible, moitas veces xogandose a vida.
Dende Manifesto Miñor estamos cansos de avisar da importancia de GES, por moitos motivos, un deles por proximidade. Só é necesario máis persoal e mellor organización. Aprederán a leición os nosos alcaldes?
Chegado este punto MM esixe explicacións publicas da situación do GES e de porque se chegou a este punto, pois xa sabemos que lamentablemente ninguén asumirá responsabilidades políticas, e máis unha vez darán a calada por resposta, até conseguir o que realmente buscan: desfacerse do GES e un “problema “. Agora os tres alcaldes da Comarca están a outras cousas de máis substancia eleitroral, esquecendo o importante como é o caso.
En Gondomar, a 26 de decembro de 2022.
Asdo. Antonio Araújo Quintas.
Voceiro de Manifesto Miñor.