Manifesto Miñor denuncia no seprona o recheo e entubamento dun regueiro en Vilariño
Manifesto Miñor vén de denunciar no SEPRONA o recheo e entubamento dun regueiro en Vilariño, no linde entre Gondomar e Nigrán, pois os concellos miran para outrro lado. O regueiro entubado resulta evidente que non vai ter capacidade para evacuar a auga cando veñan as chuivas ou as enchentes, a maiores do recheo con entullos, que poden contaminar as augas que se verten no río Miñor.
Dende Manifesto Miñor insistimos na necesidade de recuperar o noso río e impedir a súa degradación con actuacións deste tipo. As administracións competentes e os Concellos miñoráns teñen que actuar xa!