Manifesto Miñor denuncia diante da Fiscalía a aprobación, por decreto e sen pasar polo pleno, dos salarios do goberno municipal do señor Ferreira
A pasada semana, coñecemos que don Paco Ferreira aprobara por decreto tanto o seu salario como as dedicacións exclusivas e parciais dxs concelleirxs do seu goberno. Dende Manifesto Miñor, entendiamos unha burla a veciñanza de Gondomar esta maneira de proceder, pasando por riba do órgano colexiado que debe, por lei, decidir os salarios dos membros do goberno.
En calquera caso, a gravidade dos feitos que agora denunciamos perante a Fiscalía non é tanto o montante salarial, que dende Manifesto Miñor sempre consideramos excesivo para un goberno en minoría, senón que radica no xeito absolutamente irregular (e presuntamente delictivo) de como foron adxudicados, por decreto e sen o máis mínimo amparo legal. É dicir, estas resolucións de Alcaldía asinadas por don Paco Ferreira carecen dos informes preceptivos da Secretaria Xeral do Concello e da Intervención Municipal. Por suposto o desprezo pola Corporación Municipal e polas máis elementais formas democráticas non ten parangón.