Manifesto Miñor contra ALTRI

 

Manifesto Miñor presentou a semana pasada polo rexistro do Concello unha moción para ser debatida no Pleno do vindeiro 18 de abril en contra da implantación, no corazón de Galicia, dunha macro fábrica de produción de celulosa. Mais, sobre todo, contra un modelo de industria contaminate e letal para o medio ambiente, que nin xera riqueza nin fixa poboación. Hai que ter en conta, asemade, que a implantación de ALTRI suporá unha nova vaga de eucaliptización masiva e descontrolada dos nosos montes, cuxas consecuencias coñecémolas ben en Gondomar despois das últimas tempadas de lumes. Por suposto, xa non falamos da alteración que pode supoñer para a biodiversidade da zona e de todo o percorrido do río Ulla ata a súa desembocadura na ría de Arousa, pois, recoñecido pola propia empresa, a auga revertida ao río terá unha temperatura 3º superior.

En Manifesto Miñor compartimos o sentir da veciñanza da Ulloa e, por iso, como queira que consideramos que este é un problema de País que nos afecta a tod@s, entendemos que a Corporación Municipal de Gondomar, como entidade pública representativa da totalidade da veciñanza, debe debater sobre este asunto e pronunciarse.

 

 

Abril 12, 2024

Etiquetas: ,