Manifesto Miñor apoia a concentración da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Val Miñor n’A Ramallosa
Dende Manifesto Miñor, sempre defendemos os servizos públicos ante os continuos ataques dos sucesivos gobernos da Xunta e do estado. Por iso, animamos a toda a veciñanza do Val de Miñor a participar na mobilización convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Val Miñor, que forma parte da Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o día 30 de novembro, as 19.00 horas, na Alameda da Ramallosa, en defensa do sistema sanitario público e polo reforzo e fortalecemento da Atención primaria.