Inicio de contactos con grupos e forzas políticas

Manifesto MiñorO luns 2 de marzo Manifesto Miñor asistiu a unha convocatoria de diálogo en Nigrán cun grupo de forzas políticas e veciños/as comprometidos/as coa confluencia, e o martes día 3  no mesmo marco reuniusese cun grupo de Gondomar. Ante estes contactos de última hora, no grupo de traballo de metodoloxía do mércores 4 de marzo, Manifesto Miñor tratará esas novas propostas de confluencia e fará todo o posible por integrar a toda proposta cidadana e de outros grupos no amplo espazo e no mecanismo de abranxencia que leva traballando en común para que a asemblea aberta poida ter capacidade  de decisión colectiva e non incurrir en métodos que desdebuxen a creación  colectiva e o consenso.

Marzo 4, 2015

Etiquetas: