Iniciativa parlamentaria sobre o novo centro de saúde de Gondomar
Chelo Martinez, presenta unha interpelanción no Parlamento Galego sobre o novo centro de saúde
Dende Manifesto Miñor queremos poñer en coñecemento da veciñanaza de Gondomar que as obras do novo centro de saúde do noso concello volven sufrir un parón de case un mes e sospeitamos que unha vez máis é causado por problemas da empresa construtora. Este é un asunto de gran importancia para todos os veciños e todas as veciñas de Gondomar, polo que, a través da parlemanteria galega Chelo Martinez, acabamos de presentar unha iniciativa no Parlamento Galego interpelando ao Goberno da Xunta de Galicía para que dea explicacións sobre esta cuestión.