II Asemblea Aberta do Manifesto Miñor

Manifesto Miñor

Lugar:  PRAZA DE ABASTOS- Rua Carabela la Pinta nº11, Baiona.
Data: 7 Febreiro 2015
Hora: 18:00

Convócase a toda a cidadanía do Val Miñor a asistir á II Asemblea do movemento cidadán Manifesto Miñor.

GRUPOS DE TRABALLO

Este movemento se apresentou na I Asemblea que tivo lugar o pasado 13 de Decembro, onde se abriu a participación directa á sociedade baixo unha metodoloxía de Grupos de Traballo.

Estes grupos de traballo veñense reunindo semana tras semana para ir definindo e fortalecendo un proceso de participacion aberto, onde tódalas opiniòns e achegas contan. O seu obxetivo é conformar propostas alternativas ás administracions locais que sirvan para poñer estas ao servizo da cidadanìa, devolvéndolle a toma de decisións ós veciños e veciñas, e para conquerir uns concellos que nos representen a todos e todas, con máis transparencia, horizontalidade e participación cidadá.

Logo de varias semanas de colaboración, os tres grupos de traballo presentan nesta vindeira ASEMBLEA,  convocada para o Domingo 7 de Febreiro, varias propostas de METODOLOXÍA, COMUNICACIÓN E COORDINACIÓN  deste proceso. Nesta asemblea porase en comùn ese traballo feito ata agora, así como un DECÁLOGO de contidos bàsicos para orientación do desenvolvemento deste movemento e duns ESTATUTOS para artellar una forma xurídica, que foi aprobada por votación telemática e precisan de seren refrendados neste encontro para posibilitar que esta nova proposta cidadana que imos creando entre todos e todas, poda entrar na estrutura da administración pública local.

Aprobeitamos para realizar un convite á ampla participacón nesta asemblea.

Axúdanos a marcar a diferenza e ven facer parte desta nova e ilusionante iniciativa.

Febreiro 1, 2015

Etiquetas: ,