Gondomar ten o goberno máis caro da súa historia
Gondomar xa ten, dende que a semana pasada se celebrara oo Pleno de organización, goberno municipal con todas as da lei. Un goberno do PSOE con maioría absoluta, por certo, moi ben pagado. En Manifesto Miñor sempre fuximos da demagoxia e do morbo que rodea o pago dos salarios dos cargos públicos, xa que entendemos que as responsabilidades dun goberno, e a dedicación con renuncias á xestión do público, dede ser correspondida razoablemente polos cidadáns a través dos nosos impostos.
Agora ben, tamén compartimos a indignación dunha parte da veciñanza que non ve ético determinidados salarios cando moitos teñen que vivir con pensións ou RISGAS que non pasan dos 400€/mes. Xa que logo, para nós o debate non está en se o Alcalde cobra 40, 50 ou 60 mil euros ao mes, ou se se hai 4, 5 ou 6 dedicacións exclusivas (Gondomar vai ter 7 de 9, unha pagada pola deputación). Este sería un debate do morbo, pouco serio e demagóxico. A pregunta e a reflexión que ten que facer a cidadanía de Gondomar é, se un Concello coma o noso, cun orzamento de 7.054.555€, pode soportar un gasto anual de 315.547€, o 4,47% do Orzamento Municipal (sen incluir os gastos de representación e o mantemento do coche oficial). A outra pregunta, a que produce a indiganción cidadá, é se é ético que ese mesmo orzamento teña que recoñecer un gasto de 315.547€/ano para manter o goberno e só 85.000€/ano para gasto social.
Na seguinte táboa, aparecen reflexados os salarios correspondentes ás cinco dedicacións exclusivas e á dedicación parcial do novo goberno de Gondomar.
Ao gasto en dedicacións dos membros do goberno, cómpre engadir o persoal de confianza (36.800€/ano incluída SS) e os gastos da Xunta de Goberno (21.600€/ano). Todo isto supón un gasto de 315.547€/ano!
Por último, e como non hai mellor exercicio para saber a medida das cousas que facer unha comparativa, neste caso, partido dos orzamentos oficias que constan no Ministerio de Facenda e os salarios doas alcaldes e alcaldesas, aprobados nestes días:
CONCELLO | ORZAMENTO | SALARIO ALCALDE/SA |
Gondomar | 7.054,555,24€ | 50.0000€ |
Nigrán | 12.662.446,40€ | 45.000€ |
Baiona | 8.617.716,79€ | 45.000€ |
O Porriño | 15.173.316,49€ | 39.540€ |
Tui | 8.482.159,27€ | 47.000€ |
Mos | 10.593.731,02€ | 49.162,96€ |