Gondomar sustentable: colaborando contra o cambio climático
O concello de Gonodmar substitúe as antigas caldeiras por outras de biomasa.
O Protocolo de Kyoto, asinado en 1997 que botou a andar en 2005, criou un núcleo de consciencia a nivel internacional sobre os perigros da sobre-explotación humana no Planeta e o seu fráxil equilibrio. Un aumento antropoxénico anómalo e indiscriminado das concentracións troposféricas de CO2 e outros gases de efecto invernadeiro (GEI) tales como o metano (CH4), o óxido nitroso (N2O), o ozono (O3), etc, están a provocar un inevitable quecemento global de consecuencias catastróficas imprebisibles. Nos últimos anos, as emisións non naturais de CO2 superaron as 50 Gton / ano, cun crecimento de 6,5 Gton / década. O nivel actual de GEI é o máis elevado dos últimos 420.000 anos. Esta realidade incuestionable debería condicionar aínda máis as políticas en materia de enerxía de todos os países do mundo, que evolucionan moi lentamente e grazas a presión social.
Na idea de pensar globalmente e actuar localmente, e de ir cambiando as cousas dende aquí, a Concellaría de Medio Ambiente do Concello de Gondomar facemos a nosa achega predicando co exemplo, con humildade, pero con total convicción.
“Na idea de pensar globalmente e actuar localmente, e de ir cambiando as cousas dende aquí.”
Neste senso, a Concellaría de Medio Ambiente do Concello de Gondomar vén de recibir do Instituto Enerxético de Galicia dúas subvencios de 11.616€ e 68.244€ (79.860€ en total) procedentes dos Fondos FEDER-Galicia, Programa Operativo 2014-2017, ás que nos presentamos en libre concurrencia no mes de marzo, para dous proxectos que consistirán na substitucións de dúas caldeiras de calefacción a gasóleo, por outras dúas que funcionarán con biomasa. A primeira será para o edificio onde están ubicadas as propias concellarías de Urbanismo e Medio Ambiente, e a segunda para dárlle calefacción ao edificio do CDL.
Coa implantación destes sistemas máis limpos e sustentables, ademais do aforro económico que isto vai supor para as arcas muncipais, está a eliminación dunha cantidadade considerable de CO2 e outros elementos tóxicos á Atmosfera, e como xa se dixo, predicar co exemplo. As instalación teñen que estar rematadas antes do 30 de novembro, co que é previsible que este inverno una parte das instalación muncipais sexan un pouco máis sutentables.
Por poñer un exemplo de comparación aproximada custe-consumo: unha saca de 15kg de pellets que custa sobre 3€ (pode rebaixarse moito en función da cantidade que se compre), sería o equivalente a 7,5L de gasóleo que custa 6,95€
En Gondomar, a 1 de Setembro de 2017.
Antonio Araújo Quintas.