Gondomar crea un banco de microcréditos
O Concello de Gondomar abre unha vía de financiamento, a través de microcréditos, para proxectos produtivos. 3000€ será a cantidade máxima a solicitar, por cada solicitude.
Favorecer o crecemento de proxectos económicos e vitais, require na maioría dos casos o acceso ao financiamento. En moitas ocasións boas ideas, que precisan cantidades modestas de diñeiro, para dar un chimpo cualitativo, quedan afogadas, por falta de remanente co que comprar: maquinaría, ferrementas, sementes, prantas, alugar terras, etc.
Vivimos nun contexto económico-social onde as clases máis desfavorecidas teñen mui difícil facer proxectos de vida correndo o risco e cair nunha grave exclusión social. O crédito nos sectores productivos, que suministran os mercados financeiros habituais son máis caros e quedan restrinxidos a proxectos de maiores dimensións. Pola contra vías alternativas de financiamento para cantidades de rango menor, cargan uns xuros e gastos moito máis altos.
O banco de microcréditos que nace para favorecer o desenvolvemento de pequenos proxectos productivos
Dende a concellaría de comercio queremos contribuir, con esta iniciativa pioneira, a contrarrestar as desigualdades sociais e a loitar contra a discriminación social, para iso creamos o banco de microcréditos que nace para favorecer o desenvolvemento de pequenos proxectos productivos, para que aquelas persoas que teñen dificultades para acceder a créditos para desenvolver proxectos de vida que lles permitar vivir dignamente.
Somos conscientes que a vontade colaborativa dos veciños
Somos conscentes que unha concellaría como a de Turismo e Comercio, que a penas dispón de 7.000€ anuais de orzamento, nun concello sen orzamentos propios, ten unha limitada capacidade de actuación, pero tamén somos conscientes que a vontade colaborativa dos veciños, e un potente instrumento de transformación económica e social que xenera beneficios mútuos. A nosa contribución estará baseada na posta en contacto e asesoramento entre os particulares prestamistas e prestatarios.
É certo que non existen moitas experiencias de microcréditos semellantes, pero tamén é certo que no noso propio concello, están funcionando experiencias deste tipo, con normalidade e satisfactoriamente, tal como acontece na Comunidade de Montes de Couso que puxo a funcionar varios proxectos productivos con aporte de microcréditos entre particulares.
Os microcréditos serán transparentes, e asinaranse diante da facenda galega.
O plano experimental ábrese co acceso a microcréditos de 3000€ para persoas do Concello de Gondomar que plasmen a consistencia do seu proxecto de crecemento económico nun documento que servirá de base para a súa tramitación.
O seu funcionamento rexirase polas seguintes normas:
- Os microcréditos só serán utilizados para desenvolver proxectos productivos.
- A persoa solicitante dun microcrédito ten que presentar unha memoria sobre en que consiste o proxecto que quere desenvolver.
- As cuantías dos préstamos non superarán os 3.000 euros.
- O prestatario obrígase a devolver o préstamo nun prazo de 5 anos pagando un xuro anual do 4%. ao prestamista.
- A relación entre prestamista e prestatario formalizarase mediante contrato rexistrado na facenda galega.
Aquelas persoas intereresadas, poden dirixirse a Concellería de Comercio e Turismo.
Gondomar, 7 de xuño de 2018
O concelleiro de comercio e turismo
Xosé Antón Araúxo Rodríguez