Exposición pública do documento de Avaliación Ambiental Estratéxica do PXOM de Gondomar
O documento de Avaliación Ambiental Estratéxica do PXOM de Gondomar está en exposición pública dende o 18 de setembro até o vindeiro 11 de novembro.
Hai algunha documentación que non deixa descargar, polo que dende Manifesto Miñor fixemos un escrito de queixa para que se resolva o antes posible. Para garantir a transparencia e que toda a veciñanza teña acceso a documentación por se quixese presentar algunha alegación, solicitamos que o Concello puxese a disposición das persoas interesadas unha copia en papel nun lugar accesible e onde poder facer copias ou subministrar copias dixitais.