Como nos organizamos

Manifesto Miñor

A razón da organización

Na primeira ASEMBLEA ABERTA realizada o 13 de Decembro de 2014, resolveuse a necesidade de CREAR GRUPOS DE TRABALLO específicos que permitisen desenvolver a participación de xeito autónomo e independente das persoas, e continuar, paso a paso, crecendo no oxetivo da rexeneración democratica, sendo fundamental dotarse de contido e de estrutura e facilitando ferramentas de participación abertas. Tamén se fixo un chamado aberto de cara a ASUMIR UN ROL ACTIVO, de implicar a máis xente animar a participar e dar a súa opinión.

Convidouse a todas as persoas asistentes a se inscribir para participar nos GRUPOS DE TRABALLO resultando os seguintes:

  • GT COORDINACIÓN
  • GT METODOLOXÍAS
  • GT COMUNICACIÓN

Estes grupos de traballo foron resolvendo a necesidade de ter unha figura xurídica, para elevar este proceso dentro das institucions da administración local e na II Asamblea do MM se refrendou este traballo e se consensuou operativizar un PARTIDO INSTRUMENTAL para ese fin, e así facilitar unha vía administrativa que fique á disposición dos tres concellos da comarca baixo as persoas que libremente se adhiran a este movemento. Nesta mesma asemblea se pautou un traballo de estudo, valoración e proposta dun CÓDIGO ÉTICO  e un PROCEDIMENTO DE PRIMARIAS, para que, no caso de ser preciso que xurda unha candidatura por concello, que esas sexan abertas e radicalmente democráticas e  que representen os princípios, obxetivos e metodoloxía deste movemento cidadá participativo.

A candidatura

Despois das primarias abertas resultou unha CANDIDATURA no concello de Gondomar, que comeza a súa andadura nos comicios electorais coordinadas polo COMITÉ ELECTORAL do MANIFESTO MIÑOR.

A candidatura que se presentou ao concello de Gondomar obtivo 1.368 votos e concellais: Antonio Araújo, Rocío Cambra e Alberto Covelo.

Candidatura 2015

E como se fai

Nos organizamos por medio da participación direta cidadá baixo unha metodoloxía horizontal ASAMBLEARIA, distribuída por GRUPOS DE TRABALLO, e coordinados/as baixo un CÓDIGO ÉTICO para ir traballando un cronograma de cara ás eleccións locais.