Don Paco Ferreira e todo o grupo socialista non apoian a moción de Manifesto Miñor para a recuperación da presa de Pegonegro.

“É unha quimera”, dixo públicamente don Paco Ferreira ao quedar sen argumentos.

 

O que fai 114 anos foi posible grazas á convicción e ao esforzo dun emprendedor comprometido co progreso da Comarca e do País, como foi D. Laureano Salgado, para don Paco Ferreira resulta unha quimera. No pleno da Corporación Municipal de Gondomar do pasado xoves 7 de abril, en pleno S. XXI, o século da tecnoloxía, o Alcalde (e todo o PSOE de Gondomar) ignorou, coa súa abstención, a proposta presentada por MM de recuperar a Presa de Pegonegro aproveitando a posiblidade que ofrecen os Fondos Next Generation das UE. Unha maneira moi pobre en argumentos e fea nas formas de meter no caixón o que podería ser unha fonte de enerxía limpa, renovable e xestionada publicamente para beneficio do Concello e da sociedade. Segundo as súas plabras dese pobre argumentario,  seica era  mellor explorar outra vías de produción enerxética, como a  fotovoltaica ou conxeneración de biomasa.

 

Para Manifesto Miñor, detrás desta posición do Sr. Ferreira  está a sobervia dun alcalde incapaz de negociar e recoñecer as propostas válidas da oposición, pero sobre todo, está a incapacidade para xestionar nada que teña que ver coa presentación de proxectos serios e de calado coas diferentes administracións ou coa propia veciñanza. Xestións que requiren de traballo constante e en equipo,  chamar a moitas portas e deixarse guiar polos técnicos, dádo que o obxectivo político está máis que claro, é dicir, producir enerxia limpa, renovable e xestionada por unha entidade pública.

 

Xestionar non é gastar os cartos que cada ano lle dá a Deputación Provincial consigandos no “Plan Concellos” e cando non chegan  ir ao peto do remanente. Iso faino calquera. A proposta de MM implica crer nas posibilidades de xerar recursos propios aforrando miles de euros cada ano na factura eléctrica municipal para investir  por exemplo, na emerxencia social que veñen tempos duros. Pero iso require compromiso e traballo que o Sr. Ferreira nin ten, nin quer molestarse.

 

Por último, se o Sr. Alcalde pensa que a cousa vai acabar no caixón está equivocado. Dende MM xa lle anunciamos que ímos seguir teimando neste proxecto e que en breve terá máis iniciatrivas no pleno sobre o mesmo. Oxalá cheguemos a tempo e parte deses fondos da UE poidan ser investidos en Gondomar, deixar pasar esta oportunidade sería gravisimo e irresponsable. A pelota está no tellado do Goberno Muncipal.

 

En Gondomasr, 8 de abril de 2022.

Asdo.: Antonio Araújo Quintas.

Portavos de MM.

Abril 11, 2022

Etiquetas: , ,