Encontro de Consumo Responsable
Éxito do Encontro de Consumo Responsable, organizado polo colectivo O Toxo e a Concellaría de Comercio, que dirixe Xosé Antón Araúxo. Centos de persoas achegárnose o primeiro día do encontro á Praza da Alameda de Gondomar onde pudieron atopar produtos de horta cultivados por veciñxs do entorno, sementes, mel, cremas naturais, pan, queixo e artesanía.
Encontros de Consumo Responsable
Gondomar é a segunda localidade da Provincia en organizar Encontros de Consumo Responsable, un novo concepto de consumo e intercambio directo, sen intermediadores que adulteren produtos e prezos. Estes encontros están baseados nos principios de responsabilidade e sustentabilidade, ecoloxismo, produción agroecolóxica e progresiva sensibilización social nas novas formas de consumo e responden á crecen demanda de produtos saudables e ecolóxicos.
Outro xeito de facer as cousas é posible.