Carta remitida ao señor Alcalde polo cobro indebido de kilometraxe
Co uso dos cartos públicos, xs políticxs teñen que ser extremadamente coidadosos e prudentes:
Se a norma municipal ou lei prohiben cobrar os kilómetros dentro do termo muncipal e obrigan a xustificar as dietas e os desprazamentos que se fan fóra do concello, así debe ser.
O contrario, como mínimo, é unha falta de ética e de bo proceder na xestión dos recursos públicos; sobre todo cando outrxs concelleirxs do goberno e da oposición, sen salario, tamén fan miles de kilómetros ao mes no exercicio das súas funcións e nunca pasaron un só euro con cargo ao Concello. Esta é a razón pola que Manifesto Miñor solicitou do Alcalde a devolución do indevidamente cobrado nunha carta enviada internamente a través dunha carta do noso portavoz municipal (con rexistro de entrada do 2 de marzo de 2018), despois de varios intentos frustardos para falar sobre o asunto.
Manifesto Miñor sempre actuou coa lealdade debida ao goberno municipal, pero, sobre todo, á veciñanza de Gondomar á que representamos.
Lamentamos que o Sr. Alcalde non tivera a ben reunirse cos seus socios de goberno e confunda agora con inimigos ou con demagoxia ás persoas que lle din as cousas con honestidade e con respecto.
En todo caso;