Candidatura de Manifesto Miñor – En Marea en Gondomar

Dende Manifesto Miñor – En Marea Gondomar presentamos a candidatura formada por persoas do común e comprometidas co activismo social, medioambiental e cultural, co feminismo, co patrimonio, coa lingua. Dende Manifesto Miñor apostamos por unha candidatura continuadora do traballo desenvolvido polxs tres concelleirxs durante os tres anos de goberno; xa que logo, os primeiros tres postos están ocupados por Antonio Araújo Quintas, Rocío Cambra Castro e Xosé Antón Araúxo Rodríguez. Asemade, o posto número 17 está reservado para o Presidente da Comunidade de Montes de Vincios, quen fora concelleiro de Manifesto Miñor ao comezo desta lexislatura.

  1. Xosé Antonio Araújo Quintas
  2. María del Rocío Cambra Castro
  3. Xosé Antón Araúxo Rodríguez
  4. Milagres Chapela Iglesias
  5. María Carlota Rey Rocha
  6. Jorge Diz Ferreira
  7. Vanesa Estévez David
  8. Jesús Rodríguez Diéguez
  9. Xaime Lugilde de Jesús
  10. Celsa Fernández Álvarez
  11. Tomás Lerma Merino
  12. María Luisa Tareixa Uxía Varela Nogueiras
  13. David Silva Fontán
  14. Laura Rodríguez González
  15. Manuel Piñeiro Lorenzo
  16. María Elvira Lago Mariño
  17. Alberto Covelo Casal

Suplentes:

  1. Juan Guiadanes Cambra
  2. María del Carmen Otero Castuera
  3. Fernando Otero Vila
  4. María de los Ángeles (Magis) Amado Laschuetza
  5. Domingo Costas Cea
  6. Francisco Coltrinari Bouzas
  7. María del Rocío Oliveira Pereira
  8. Xulio Castañal Canto

Durante esta lexislatura, primeiro no goberno e agora na oposición, traballamos sempre co obxectivo de mellorar Gondomar e resolver os problemas da veciñanza.

Queremos un urbanismo sustentable e participado; por iso, cómpre rematar o PXOM no que levamos traballando máis de tres anos e que quedou paralizado cando fomos expulsados do goberno municipal. Por outra banda, temos o compromiso de aprobar o Regulamento de Participación Veciñal para darlle voz a toda a veciñanza; escoitar as parroquias é fundamental para facer un Gondomar do século XXI. Por último, volveremos poñer os Servizos Sociais ao servizo das familias máis desfavorecidas, sen servilismo e con responsabilidade.

Temos un proxecto, temos ganas e temos moita ilusión!


Abril 26, 2019

Etiquetas: , ,