Candidatura de Manifesto Miñor – En Marea en Baiona

Dende Manifesto Miñor – En Marea Baiona presentamos a candidatura formada por persoas do común e comprometidas cun cambio no noso concello. Trátase dun grupo de mulleres e homes convencidxs da necesidade dunha alternativa para transformar Baiona nun Concello para á veciñanza.

  1. Antonio José (Nano) Espinar Moure
  2. Eusebio Otero Solla
  3. Tania Chamorro González
  4. María Begoña Ratel Piñeiro
  5. Cristian Alonso Paz
  6. Beatriz Eugenia Otero Sixto
  7. Esteban Andrés Velasco Castro
  8. Ana María Costas Castro
  9. Ángel Manuel Rodríguez Costas
  10. Sergio Gustavo Alonso Alli
  11. Martín Gómez Caneda
  12. Carmen Barros Dopazo
  13. José Manuel Lago Villa
  14. Inmaculada Concepción Opazo Redondo
  15. Miguel (Muqui) Maciel Carneiro
  16. María Montenegro Pérez
  17. Xosé Xaquín Gómez Rodríguez

Suplentes:

  1. Carolina González Ratel
  2. Santiago Leyenda Amoedo

Dende Manifesto Miñor – En Marea apostamos pola transparencia como eixo central dun goberno que permita a asistencia e participación da veciñanza e das asociacións veciñais nos Plenos da Corporación. É urxente abrir o concello e escoitar as veciñas e os veciños.  

Por outra banda, é unha prioridade a conservación e protección do medio ambiente: o monte debe converterse nun espazo multifuncional que supere o monocultivo de eucaliptos. Asemade, cómpre eliminar definitivamente a posibilidade dun Campo de Golf en Baredo e rexenerar a Foz do Miñor.

Baiona ten que apostar polo emprego de calidade, de xeito que a nosa mocidade non se vexa obrigada a emigrar. Para iso, temos que mellorar o transporte público no Val Miñor, coa Universidade e con Vigo.

Os gobernos de dereitas de Baiona non se preocuparon polos problemas da veciñanza. Queda moito por facer!

Comunicación Manifesto Miñor – En Marea

Abril 16, 2019