Bo Nadal

Bo Nadal 2017

Reflexión

Ao longo deste ano estivemos inmersas en todos os problemas que xurdiron na nosa acción de goberno cotiá e tentar dar a mellor solución sempre pensando nas veciñas de Gondomar e do Val miñor.

Estas son unhas datas que nos convidan á reflexión; faremos balance e analizaremos se cumprimos os obxectivos que nos marcamos para este ano. Máis, con todo, sabemos que a veciñanza é quen, finalmente, ten que valorar o noso traballo.

Pola nosa banda, queremos un Concello do que todas as súas veciñas estean orgullosas, que non se esqueza das familias máis necesitadas, unha vila sustentable e respectuosa co medio ambiente, sen lumes e cunha política forestal non prexudicial para os nosos montes, un urbanismo responsable e de futuro (aínda que nos custe máis tempo e suor), máis comercio e turismo, un Gondomar vivo, unha administración eficiente, transparente e moderna… Por todo isto e por outras moitas cousas traballamos todos os días.

Dende Manifesto Miñor queremos desexar á veciñanza que desfrute destas datas e un ventureiro aninovo, cheo de feminismo, ecoloxismo, transparencia, responsabilidade e bo goberno. #SumandoPoloBenComún

Decembro 22, 2017

Etiquetas: