Asemblea local de Manifesto Miñor en Gondomar

Estimad@s compañeir@s:

 

Convócase a todos os membros de Manifesto Miñor para a Asamblea Local de Gondomar, prevista no noso funcionamento e dacordo cos nosos estatutos, que terá lugar o sábado 15 de outubro do ano 2022, en Gondomar, as 19,00 horas, en única convocatoria no  noso local do (CDL). 

 

Os asuntos a tratar serán os seguintes: 

 

Situación política municipal na localidade. 

Traballos en curso pendentes. 

Iniciativas no novo marco temporal. 

Rogos e preguntas. 

 

Sinalarvos que nese día hai distintos actos político reivindicativos:

En Madrid sobre a defensa das pensións públicas.

En Santiago de Compostela, pola defensa dos montes galegos. 

Ambas pola mañá. No caso da segunda hai buses de balde para o que hai que se anotar nestes tfns: 649137135 e 636054910. Este bus sae de Borreiros e para en Gondomar por onde o local do IEM, na Feira.

Porén pedimos a tod@s @s interesad@s a mellor distribución de recursos humans tendentes á posible compatibilidade na participación. 

Alén diso,lembrarvos que as xuntas de MM son ABERTAS para calquer cidadán interesado na marcha do Concello. Insistir na situación económico social e na influencia municipal e persoal que fai mais necesaria que nunca o dar respostas dende a cidadanía e coa nosa presencia organizada. 

 

O Secretario. 

 

En Gondomar a os 01 dias do mes de outubro do ano 2022.

Outubro 12, 2022