Asamblea do GT METODOLOXIAS 19 Febreiro 2015.

Manifesto MiñorComeza ás 20:30 no Local da Rua Párroco José Mariño nº9 en Gondomar.

Asisten:
Isabel, Luisa, Paulino, Iris, Silvia, Oscar, Carlos Meixome, Carlos Moreiras, Miguel Quinteiro, Miguel Alejos, Nano, Jose Luis, Xoxe Antón, Antonio, Juan, Jesús, Alfonso, Xilberte, Luis, Xaime.

Comeza a reunión de traballo retomando puntos pendentes da reunión anterior e se chama a unha persoa do grupo para que asuma a coordinación dende este GT pois so asumiu este rol Silvia na reunión anterior.

Asume dende hoxe tamén Xose Antón Arauxo, completando as dúas persoas mínimo que teñen que facer parte de coordinación dende este GT de Metodoloxías, e se lembra que temos que ir empoderándonos entre nos para ir rotando e procurando máis forzas neste traballo, principalmente en Baiona, onde a participación ven sendo menor.

Se fai unha chamada común a mellorar a compilación dos contenidos e acordos que son tomados nas asambleas e contener toda a información correctamente nas actas e que nos apoiemos entre todas para ir mellorando esa metodoloxía.

ORDE DO DÍA:

Pasamos a traballar sobre as propostas de CÓDIGO ÉTICO:

Oscar traballou unha refundición de varios Regulamentos de Primarias que conteñen xa un código ético inserido na redacción, de outros movementos e na ferramenta de LOOMIO xa se apuntaron varios puntos a ser traballados dende a nosa especificidade e obxetivos nesta reunión de hoxe.

Se fala da posibilidade de separar en dous textos CE e Regulamento, pois o regulamento é moi extenso.

  • Un punto a debatir e sobre os roles da Coordinadora e Comité Electoral. Quen traballa e quen coordina…etc.
  • Outro punto é tomar decisións sobre abrir a participación a persoas non censadas no Val Miñor.
  • Outro punto é tomar decisións sobre abrir a participación a persoas menores de edade (entre 16 e 18).
  • Outro é a posibilidade de interaccionar o voto entre concellos, e parece complexo este mecanismo, polo que se determina que cada persoa vai decidir sobre candidatos do seu concello.
  • Sobre o voto telemático, o procedemento vai determinar cómo se vai traducir o mecanismo presencial.
  • Sobre o voto presencial. Se debate se é máis interesante pechar unha inscripción previa ó dia de votar na urna/presencial. Se apunta e concorda totalmente que ñe absolutamente necesario facelo presencial e que o firmante NON teña que facer uso de ningunha tecnoloxía.
  • Sobre aspirantes ás candidaturas: Se concorda en que se presenten afiliados/as e non afiliados/as ao partido, e decir, aberto a calquera persoa censada no Val Miñor.
  • Sobre os avales: Se desestima especificar o mecanismo de activación de avales perante a concorrencia de demasiadas persoas e dificultade na selección, e se apunta que no regulamento e se propón apuntar que no caso que isto aconteza, o Comité Electoral activará o mecanismo para resolvelo. Algo que da forza a esta decisión, tamén e o apunte de que a posibilidade de ter que activar isto é pouco probable.
  • En caso de que non exista suficientes representantes candidatados/as, se decide que a Asamblea ratificará unha elección a través dunha proposta do Comité Electoral .
  • Sobre criterios de exclusión de persoas ás primarias: se debate sobre o punto de exclusión de acumulación de máis de oito anos nun exercicio activo nun concello e a ampla maioría opina que isto excluiría a persoas que poden, queren e levan traballando politicamente no territorio, e esta exclusión no noso territorio na nosa realidade, se entende que non favorecería o proceso. A democracia participativa non pode eliminar a democracia de votación e non pode ter incompatibilidade entre elas. Se apunta  que sería interesante algun mecanismos que evite o enquistamento das mesmas persoas no exercicio de goberno, pero non na participación na oposición, por exemplo.

Se decide os puntos que xeraron debate e dificultade de decisión teñen que ser levados á Asamblea.

Dado o extenso deste texto e a importancia de seren ben traballados e consensuados polo GT coa máxima representación das persoas que o compoñen, e faltando a metade to texto por revisar, propón e acepta que estes dias restantes desta semana iremos traballando o resto do texto e remataremos de pulilo o Luns 23 ás 20:00 no espazo da Casa Colorida.

Se fai unha proposta que se consensúa de levar este código ético e primarias na próxima Asamblea aberta e previamente, que o GT de Coordinación leve este traballo a tódolos outros partidos e movementos relevantes do Miñor para que veñan a asamblea durante o tempo que resta ate seren celebrada.

Se coloca o próximo 28 Febreiro ás 19:00 próxima asamblea en Gondomar, por ser o concello que falta por acollela ata a data, e se propón o espazo o Centro Neural.

Tamén se irá estudando propostas de ferramenta telemática para usar no procedemento de primarias e ir deseñando o GT Economía para a seguinte reunión despois desta, que sucederá tamén no espazo da Casa Colorida, o mércores 25 ás 20:00.

Remata a reunión ás 11:45.

Febreiro 20, 2015

Etiquetas: