Asemblea aberta de Manifesto Miñor
Os grupos de traballo de Manifesto Miñor considera procedente que todas as compañeiras e compañeiros da Comarca nos xuntemos para valorar, reflexionar e acordar, se así o consideramos aportuno, sobre o traballo político realizado nestes anos, sobre a situación política en xeral, sobre as vindeiras eleccións muncipais e como afrontalas, etc.
Por cuestións organizativas, decidimos dividir a asamblea en dúas partes: a primeira para falarmos sobre as cousas de Gondomar, e a segunda sobre as cuestión do Val Miñor. Obviamente, trataríase coma sempre dunha asamblea aberta á que pode asistir quen queira de principio a fin.
CONVOCATORIA DE ASEMBLEA ABERTA
DÍA: VENRES, 15 DE XUÑO.
HORA: 20:00 horas.
LUGAR: LOCAL DE MANIFESTO MIÑOR, CDL (Escolas vellas de Gondomar).
ORDE DO DÍA:
- Elección da mesa encargada de facilitar a asamblea.
- Situación política de Gondomar: información xeral de Manifesto Miñor, situación do Grupo Municipal, proxectos, situación do Goberno, etc.
- Situación política da Comarca: vindeiras eleccións muncipais e como afrontalas; alianzas, conversas, etc., se proceden.
- Dar contas.
Pola importancia e transcedencia dos asuntos que se van tratar e das decisión, se proceden, que poidamos tomar, pregámosvos que non faltedes.
Manifesto Miñor.