As enchentes desta semana volven abrir o debate do maltrato do río Miñor e da necesidade de tomar medidas con urxencia
A auga ten memoria, que non a ten son os gobernantes que padecemos coma sempre pasan do problema até que o temos enriba nosa. As consecuencias das riadas resólvense no verán, agora só se poden paliar os danos.
Ciclicamente o Río Miñor avísanos do maltrato que leva recibindo dende hai décadas, por certo, coa pasividade por non dicir coa connivencia das autoridades compententes na materia, pero nada. A ultima limpeza seria das súas ribeiras pra permitir circular a auga con fluidez, foi realizada a petición deste que vos fala nos anos 2007/08 cando me tocou ser Alcalde de Gondomar. Estou a referirme a deixar a canle do Miñor expedita de árbores caidas e atrancos de todo tipo. Sabemos que non é a solución definitiva, pero daquela axudou a diminuir a virulencia das enchentes.
A día de hoxe a situación da canle e das ribeiras do Río Miñor é francamente grave. Río abaixo hai máis de 20 árbores de grande porte caídas e atravesando o río que actuan coma auténtenticas represas que agravan os desbordamentos e aumentan os danos, por non falar dos innumerabeis recheos, etc.
Pois ben, Manifesto Miñor puxo todo isto en coñecemento de Augas de Galicia, do Concello de Gondomar, da Subdelegación do Goberno e da Mancomunidade do Val Miñor por ser un problema que lle afecta a toda a Comarca o pasado mes de setembro, por escrito e cunha reportaxe fotografica onde se ve ás claras a situación e os perigos que todo iso implica. A día de hoxe obtivemos a calada por resposta. A maiores o Pleno da Corporación Municipal de Gondomar aprobou por unanimidade en outubro xestionar a construcción dun paseo fluvial pola beira do Miñor até A Ramallosa onde se corrixiría o aquí exposto, e tamén acabaou no caixón do despacho do Sr Ferreira.
No último Pleno da Corporación de Gondomar eu mesmo interpelei ao Sr. Alcalde se tiña coñecemento dalgún plan de continxenciass da presa de Zamáns, pois a información sobre a situación da mesma non é precisamente tranquilizadora, tendo en conta que Gondomar sería o concello máis prexudicado. Tampouco houbo resposta. Pois ben, esta noite tivemos coñecemento de que abriron as comportas para aliviar a presa de Zamáns coincidindo coa maior intensidade da riada que anegou baixos, coches etc no centro da Vila.
Dende MM esiximos do Sr. Ferreira que se poña a traballar e esixa se máis dilación de Augas de Galicia a limpeza da canle do Río Miñor até A Xunqueira; así como pedirlle explicacións ao Alcade de Vigo sobre se existe ou non un plan de continxencias que nos protexa das posibles consecuencias da presa de Zamáns.
En Gondomar, a 20 de decembro de 2022.
Asdo. Antonio Araújo Quintas. Voceiro de MM