As contas da leiteira de Paco Ferreira
Don Paco Ferreira, nun intento desesperado por sacar titulares en prensa, volve vender como investimentos en saneamento uns proxectos que, de se realizar (que non está garantido), ten que executar a empresa que gañe o concurso de saneamento e auga pública.
Efectivamente, nada máis rematar o Pleno de onte, case ao mesmo tempo, chegaba ás redes sociais do Sr. Alcalde e aos xornais dixitais a “versión oficial” do acontecido no mesmo. Trátase dunha versión que, obviamente, ten moi pouco que ver co realmente acontecido e aprobado polo Pleno. En realidade, é unha máis desas medias verdades ás que nos ten acostumados Paco Ferreira, á que, dándolle un calificativo benévolo, podemos calificar dunha “vendida de fume”. Por certo, olvidouse de contar nesa versión oficial o anuncio que fixo no pleno da suba inminente da taxa do lixo, que nos vai custar a todas as veciñas e veciños de Gondomar arredor do dobre do que viñamos pagando.
Co anuncio de D. Paco Ferreira, con grande despregue tipográfico, parece que o saneamento vai chegar a todas as vivendas do Concello: “GONDOMAR IMPULSA UNA INVERSIÓN HISTÓRICA EN SANEAMENTO, MÁS DE 3,5 MILLONES DE EUROS PARA MEJORAR LOS SERVICIOS BÁSICOS”.
Pois ben, vaiamos por partes:
1º.- Onte, o goberno do Sr. Ferreira, co inestimable apoio de tránsfugas, o que si fixo foi avanzar de xeito irreversible cara á PRIVATIZACIÓN DA AUGA PÚBLICA MUNICIPAL, en primeira instancia, ao aprobar definitivamente os proxectos vinculados á devandita privatización por un importe 1 140 000 euros, que se teñen que executar en dous anos despois da adxudicación definitiva do concurso (vai para largo). Como advertimos dende Manifesto Miñor, eses cartos son un adianto da empresa adxudicataria que imos pagar as persoas usuarias ao longo dos 20 anos que vai durar a concesión. E, en segundo termo, aprobou o Expediente.- 150/2024, ASUNTO: Aprobación da memoria xustificativa e do expediente de contratación, por procedemento aberto, en réxime de concesión, do servizo de abastecemento de auga potable e saneamento para o municipio de Gondomar, para sacar adiante o concurso público da devandita privatización.
2º.- Os 2 433 219,52 euros que faltan para completar eses “más de 3,5 millones”, que anuncia o Sr. Alcalde, aprobáronse a conta de deixar a cero o remanente municipal. Volve mentir o Sr. Alcalde pois, segundo desglose de gastos aprobado polo Pleno, para SANEMENTO SÓ SE DESTINAN 200 000 euros, máis 59 201,22 euros para o Barrio da Pedra (acompáñase proposta da Alcaldía) para pagar a certificación das obras xa realizadas
.
3º.- Tamén mente cando afirma que a oposición municipal lle virou as costas a estes investimento pois Manifesto Miñor VOTAMOS A FAVOR desta proposta, malia ser conscientes de que o Concello queda sen remanente. Como nos íamos opoñer a pagar a luz, a recollida do lixo ou a axuda no fogar?
DESGLOSE DO APROBADO:
Recollida do lixo……………………….200.000.-€
Pago corriente eléctrica…………….. 200.000.-€
Axuda no fogar………………………….200.000.-€
Limpeza e aseo………………………….500.000.-€
Proxectos e PXOM……………………100.000,.€
Asfalto…………………………………….100.000.-€
Sinalización………………………………..50.000.-€
Gastos deportes…………………………..50.000.-€
Gastos turismo…………………………….10.000.-€
Mantemento de infraestruturas ……385.998,52
Gastos Cultura…………………………..200.000.-€
Gastos seguridade………………………..15.000.-€
Gastos parques e xardíns……………….75.000.-€
Gastos educación………………………….50.000.-€
Gastos saneamento……………………200.000.-€
Saneamento da Pedra…………………….59.201,22.-€
Cespede Campo das gainadas…………38.091,78.-€
TOTAL……………………………….. 2.433.219,52
Estas son as contas reais aprobadas polo Pleno. As outras, as que fai o Sr. Alcalde, son as contas da leiteira. Unha vez máis dicímoslle ao Señor Ferreira que en política non todo vale e a mentira ten as patas moi curtas.
En Gondomar, a 18 de xuño de 2025.
Asdo.: Antonio Araújo Quintas
Portavoz de MM