Apagón municipal nas parroquias

O alumeado deste Nadal non só chegou tarde, por fascículos e mesmo cunha organización e unha xestión moi deficientes. Pero, ademais, por primeira vez dende hai máis dunha década, as parroquias de Gondomar están nun apagón de iluminación de Nadal. A decisión de centralizar todas as luces no centro da vila, no interior do perímetro urbano de Gondomar é unha auténtico espello no que se reflicten a maioría das accións deste goberno precario que teñen nun abandono miserable ás parroquias.

Somos un concello no que a maioría da poboación residen nas parroquias, pero o alumeado de Nadal que, en 2008, con Antonio Araúxo de alcalde, chegaba a todas as parroquias agora so se coloca no centro. As parroquias son esquecidas por quen goberna, mesmo en lugares de estrutura urbana como Vincios.

 

Gondomar, 26 de decembro de 2018

Xosé Antón Araúxo Rodríguez,

concelleiro de Manifesto Miñor

Decembro 28, 2018

Etiquetas: , ,