ACTA XUNTANZA GRUPOS DE TRABALLO 30/12/15
O obxectivo da xuntanza é constituir os grupos de traballo. Participan na reunión 26 persoas e modera Jorge Diz.
Iris presenta a súa proposta de catro grupos:
– Metodoloxía: Definir valores e principios. Delinear as características dos diferentes grupos de traballo e as súas funcións.
– Contido: Definir eixos temáticos. Deliberación sobre diferentes temas e problemáticas de cara a construcción dun programa.
– Comunicación e avaliación: Creación de ferramentas prá dinamizar os grupos de traballo. Redacción de comunicados/ posts, etc. Seguimento da repercusión nos medios. Creación de campañas concretas. Análise de necesidades. Avaliación do proceso. Acompañamento e explicación de como funciona o Manifesto Miñor a xente que vaia chegando nova.
– Coordinación: Lanzar propostas. Facer enquisas telemáticas sobre temas que se traten nos diferentes grupos de traballo ou sobre outras cuestións de relevancia. Tomar decisións de emerxencia. Xestionar a dimensión comunicativa do proceso (en colaboración con comunicación), tanto as redes como as posibles entrevistas e encontros públicos. Preparar contactos/ reunións con partidos, movementos sociais e outras plataformas.
Isabel comenta que con dous grupos polo momento é suficiente xa que non somos moitos. Recalca a importancia de non diversificar esforzos e centrarnos no verdadeiramente importante. Inicia un debate sobre a necesidade de definir quen somos, como e en que nos imos a constituir. O debate xira en torno a necesidade de FIXAR UNS OBXECTIVOS para explicarllos á cidadanía de forma clara e entendible, tendo presente a importancia das parroquias. En xeral, a opinión xeneralizada é que o obxectivo básico é conseguir a maioría para sacar do poder a quen nos goberna polo que debemos ser prácticos xa que non hai demasiado tempo.
Despois deste debate, tratouse de configurar os grupos de traballo. Iris volve a explicar a súa proposta para tratar de concretar o número de grupos de traballo e as persoas que van formar parte deles. Xulián apunta que tal vez sería mellor configurar grupos separados para cada concello, dada a casuística
diferente de cada un. Carlos recorda que se trata dunha iniciativa comarcal e que, de momento, é fundamental traballar en conxunto.
Unha vez finalizado o debate sobre esta cuestión, chegouse ao acordo de establecer TRES GRUPOS DE TRABALLO:
– METODOLOXÍA E CONTIDO: Concretizar obxetivos. Definir principios e valores. Establecer unhas liñas xerais que permitan crear un programa. Lanzar unha proposta sobre a forma legal que imos tomar. O seu traballo será refrendado nunha asamblea aberta. Apuntáronse 12 persoas.
– COMUNICACIÓN e PARTICIPACIÓN: Creación de ferramentas prá dinamizar os grupos de traballo. Redacción de comunicados/ posts, etc, Seguimento da repercusión nos medios. Creación de campañas concretas. Análise de necesidades. Avaliación do proceso. Acompañamento e explicación de como funciona o Manifesto Miñor a xente que vaia chegando nova. Apuntáronse 8 persoas.
– COORDINACIÓN: Lanzar propostas. Facer enquisas telemáticas sobre temas que se traten nos diferentes grupos de traballo ou sobre outras cuestións de relevancia. Tomar decisións de emerxencia. Xestionar a dimensión comunicativa do proceso, tanto das redes como as posibles entrevistas e encontros públicos. Preparar contactos/ reunións con partidos, movementos sociais e outras plataformas. Está conformado por nove persoas.
Acordouse manter o grupo de coordinación que viu operando ata o de agora, abrindo a posibilidade a que se incorporasen outras persoas. Ademáis como requisito estableceuse que no grupo de coordinación debían estar as persoas responsables dos outros dous grupos e tería que ter sempre cando menos unha persoa por cada concello.
Os grupos serán abertos, a espera de que cada vez máis xente se vaia apuntando a eles. Decidiuse que as convocatorias van ser ABERTAS E PÚBLICAS, prá facilitar que cada vez sexamos máis xs anotadxs os grupos de traballo. Avisarase das convocatorias por un e-mail a tódalas persoas anotadas
prá os grupos de traballo e informarase tamén a través de Facebook “Manifesto Val Miñor”, e do Twitter @ManifestoMINHOR.
Os acordos das reunións e o traballo que se vaia desenvolvendo nos grupos tamén será público para o que se escribirán resumos das reunións e das asambleas que se irán colgando na páxina web (o grupo de comunicación queda encargado desta tarefa).
Val Miñor, 30 de decembro de 2015