Acta Grupo Coordinación 5 octubro 2015

Manifesto MiñorActa do Grupo de Traballo de Coordinación do Manifesto Miñor

Luns, 5 de outubro de 2015

Orde do día:

Punto único: resolver o proceso de selección para a contratación dunha persoa de apoio ao Grupo Municipal do Manifesto Miñor.

Reunido o GT de Coordinación para a valoración méritos presentados polas persoas candidatas, segundo as “Bases para a contratación dunha persoa de apoio para o Grupo Municipal” (Anexo 1), resólvese o seguinte:

Puntuacións:

 

PROCESO DE SELECCÓN DUNHA PERSOA APOIO AO GRUPO MM

Pto 2

Pto 3

Pto 4

Pto 5

Pto 6

Pto 7

TOTAL

Candidat@ 1

3,75

2

1,6

1,5

1,5

1,5

13,35

XOSE ANTÓN

Candidat@ 2

0

2

1,6

1,3

2,75

0

7,68

XIANA

 

Candidato seleccionado:

Xosé Antón Araúxo Rodríguez

Os candidatos dispoñen dun prazo de 3 días, dende o día 9 de outubro, para presentar reclamacións.

GT de Coordinación do Manifesto Miñor

ANEXO 1

BASES PARA A CONTRATACIÓN DUNHA PERSOA DE APOIO PARA O GRUPO MUNICIPAL

BASES.

1ª. Poderán presentarse todas aquelas persoas, maiores de idade que acepten a metodoloxía de traballo de Manifesto Miñor.

2ª. Por constatación de traballo previo nos grupos de Manifesto Miñor, ata un total de 5 puntos.

3ª. Por atoparse en situación de desemprego, ata un total de 2 puntos.

4ª. Por coñecementos de galego (cursos, titulacións, etc), ata un total de 2puntos.

5ª. Por coñecementos dos diferentes sistemas operativos, informática, webs,redes sociais (cursos, titulacións, etc), ata un total de 3 puntos.

6ª. Por coñecementos de dereito, economía, administración municipal, etc, (cursos, titulacións, etc), ata un total de 3 puntos.

7ª. Por experiencia demostrada en traballar para a administración municipal, ata un total de 2 puntos.

8ª. Por experiencia no desenvolvemento do posto de traballo obxecto de contratación, ata un total de 5 puntos.

9ª. De ser necesaria, por exemplo en caso de empate, habería unha entrevista que computaría ata un máximo de 4 puntos.

O grupo encargado de avaliar as diferentes candidaturas estará formado por 6 persoas dos grupos de traballo de metodoloxía, municipal e comunicación.

O prazo de presentación de candidat@s será dunha semana dende que se faga pública a oferta e serán recollidas no local do MM por unha persoa responsable en horario de 10ha a 12hs.

Manifesto Miñor

Outubro 5, 2015

Etiquetas: , ,