Aclaracións sobre o proxecto de saneamento do Barrio da Pedra e a impugnación da Liña 1 do Plan Concello 2018

barrio da pedra

O saneamento do Barrio da Pedra estivo sempre na axenda política de Manifesto Miñor e imos defender a execución dese proxecto con cargo ao Plan Concello 2018.

Ante as desafortunadas declaracións do Alcalde de Gondomar aos medios de comunicación sobre o proxecto de saneamento do Barrio da Pedra en Morgadáns, incluso coa filtración de datos sesgados do devandito proxecto, a veciñanza debe saber:

Se acordou expresamente incluir o proxecto de saneamento do Barrio da Pedra.

1º.- Os acordos plenarios hai que cumprilos, por una cuestión de legalidade e de ética. No caso deste proxecto hai ducias de acordos nos últimos 20 anos pendentes de executar; o último foi tomado por unanimidade (o Alcalde e o seu grupo tamén votaron a prol) no pleno do pasado 15 de febrero, no que se acordou expresamente incluir o proxecto de saneamento do Barrio da Pedra no Plan Concellos 2018.

Presentou, ás agochadas, os seus proxectos

2º.- A liña 1 do Plan Concellos 2018, son 659456€, dos cales 283566€ correponderíanlle a proxectos presentados polo Grupo Municipal de Manifesto Miñor se o Alcade tivese a ben negociar estes fondos cos seus socios de goberno. O Sr. Ferreira negouse a falar sobre o Plan Concello 2018 e somentes presentou, ás agochadas, os seus proxectos, sen máis, e, “de favor”, incluíu un so proxecto de Manifesto Miñor por importe de 42000€. Os nosos proxectos son de tanta utilidade, ou máis, que os seus para a cidadanía de Gondomar, polo que este modo de proceder autoritario constitúe, máis unha vez, unha falla de respecto que supón o desprezo das áreas dos socios de goberno.

Necesidade imperiosa de executar o devandito proxecto por una cuestión de salubridade pública

3º.- O cumprimento dos sucesivos acordos plenarios (por legalidade e por ética), xunto coa necesidade imperiosa de executar o devandito proxecto por una cuestión de salubridade pública, que mesmo está a provocar unha situación terceiromundista (augas fecais pola rúa) no único núcleo histórico de Gondomar, foron as razón da impugnación da devandita Liña 1 do Plan Concello 2018.

O alcalde falsea a realidade

4º.- O alcalde falsea a realidade cando mostra una copia do orzamento do proxecto do ano 2009 pero oculta o anexo do mesmo onde está actualizado co 21% de IVE (Achegamos a copia da actualización do proxecto para demostrar que a filtración da información é interesada, partidista e absolutamente falsa). Asemade, o Alcalde mente cando afirma que está encargada a actualización do proxecto xa que, nin é preciso tal actualización nin fixo tal encarga. No referido aos informes sectorias, efectivamente os do ano 2009 están obsoletos pero, oculta tamén que no expediente están as novas solicitudes de informes, como esixen as bases do Plan Concellos.

Lamentamos a súa actitude obstruccionista cos nosos proxectos

5º.- Por último, dicirlle ao Sr. Alcalde que nós viñemos ao goberno municipal a traballar pola veciñanza e non a figurar e lamentamos a súa actitude obstruccionista cos nosos proxectos, que frea sistemáticamente por temor a perder protagonismo, cando debería ser consciente que o principal beneficiado do noso traballo sería el mesmo. En todo caso, a nosa intención é seguir no goberno municipal mentres entendamos que o noso traballo é útil para Gondomar. Agora ben, se lle estorbamos porque así non pode ter as mans libres para facer das súas, xa sabe o que ten que facer.

En Gondomar, a 18 de Abril de 2018.
Asdo: Antonio Araújo Quintas.

Abril 19, 2018

Etiquetas: