A primeira guía turística da historia de Gondomar
A primeira guía turística da historia de Gondomar, elaborada polo noso concelleiro de Comercio e Turismo, Xosé Antón Araúxo, en colaboración co Instituto de Estudos Miñoráns, foi presentada na presente edición de FITUR.
95 puntos de interese
Trátase dun folleto despregable en formato A-2 que mostra, por unha cara, un total de 95 puntos de interese arqueolóxico, etnográfico, arquitectónico e ambiental para visitar no Concello de Gondomar: desde os petróglifos de Auga da Laxe ata a ponte románico de Mañufe, pasando por igrexas e pazos, todos eles localizados nun mapa da localidade. Polo outro lado, destaca 28 manifestacións artísticas, culturais e gastronómicas gondomarenses que merece a pena coñecer, como a repostería, os curros, a arquitectura ou a festa do Corpus.
Os folletos completaranse en breve cunha aplicación para móbiles que permitirá aos usuarios chegar a cada un dos lugares apuntados a través de GPS.