A Praza da Paradela e a egolatría de Paco Ferreira

A praza peonil da Paradela, pola urxencia electoralista do Sr. Alcalde, comeza a “fallar”.

Un proxecto que debería ser o eixo vertebrador do núcleo urbano de Gondomar enfrontase a varías polémicas aos poucos días de ser aberta ao público. Isto sucede polas presas de Paco Ferreira de tela inaugurada antes das eleccións e facer caso omiso das suxestións de Manifesto Miñor ou das propias veciñas e veciños da contorna. A opinión pública debe saber que Paco Ferreira mentiulle ao Pleno da Corporación Municipal para conseguir o noso voto favorable, xa que afirmou que o proxecto estaba consensuado con veciños e comerciantes, cando era mentira; agora, vemos como as queixas e o malestar aumentan cada día por parte de comerciantes e veciñxs que padecen as dificultades para acceder aos seus garaxes ou levar mercadorías, ou a imposibilidade de entrada a bombeiros, ambulancias, ou mesmo para unha simple mudanza. Xa non imos falar dalgúns elementos altamente inseguros, como son un chafariz metido nun foxo sen protección ou un “rego de auga” que atravesa a praza con grande perigo para nenos e persoas maiores. O mesmo día da inauguración un meniño de poucos anos caeu no foxo do chafariz, afortunadamente sen consecuencias por haber moita xente ao redor.

Este proxecto no que se ten investido case UN MILLÓN de euros, que foi publicitado pola Alcaldía como froito do consenso cxs comerciante e cxs veciñxs, resultou finalmente un acto de personalismo propio do despotismo des-ilustrado do Sr. Ferreira; un de tantos.


Apoiamos o proxecto a pesar de que as nosas suxestións non foron escoitadas

Manifesto Miñor apoio sempre a idea de facer peonil a Praza da Paradela e, en consecuencia, o proxecto, solicitando ao tempo un concurso de ideas para que fose un proxecto integrador que recollese as necesitades de usos, servizos e económicas dxs veciñxs. Incluso defendemos que se contemplase a posibilidade dun aparcadoiro soterrado, entre outras moitas ideas que aportamos dentro do goberno. Unha vez máis as suxestións do noso grupo caeron en saco roto.

Tamén queríamos un proxecto que gañase o espazo para uso público pero,  respectando o aspecto natural da praza.  Finalmente resultou un proxecto empedrado, duro e monótono, que non casa cunha contorna verde como son os demais espazos contiguos á praza.

O compromiso de  Manifesto Miñor cxs veciñxs, comerciantes e persoas usuarias  da Praza da Paradela non pode ser outro que, despois das eleccións do vindeiro 26 de maio, poñerse a traballar de  maneira conxunta e consensuada para resolver todas aquelas eivas que o devandito proxecto ten e cuxa resolución é urxente.

En Gondomar, a 6 de maio de 2019.

Antonio Araújo Quintas.

Concelleiro-portavoz de MM.

Maio 8, 2019

Etiquetas: ,