A política útil para a xente: aprobadas por unanimidade as mocións de Manifesto Miñor a prol dun paseo fluvial e en defensa do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES)
O PLENO DA CORPORACIÓN MUNICIPAL DE GONDOMAR CELEBRADO ONTE APROBOU POR UNANIMIDADE AS DÚAS MOCIÓNS PRESENTADAS POR MANIFESTO MIÑOR. A PRIMEIRA, TRATA SOBRE A REALIZACIÓN DO PASEO FLUVIAL POLAS BEIRAS DO RÍO MIÑOR ATÉ A RAMALLOSA E, A SEGUNDA, ESTÁ DESTINADA A DEMANDAR DO GOBERNO DA MANCOMUNIDADE DO VAL DE MIÑOR UNHA SOLUCIÓN URXENTE Á PROBLEMÁTICA DO GES.
Dende Manifesto Miñor sempre procuramos, na medida do posible e cando a ocasión é propicia, vincular as nosas propostas á mellora das condicións de vida do conxunto dos habitantes da Comarca miñorá. O que que é bo para Gondomar é bo para todo o Val de Miñor. Esa foi a intención destas dúas mocións: facer política util e con criterio e visión de servizo público para a veciñanza miñorá. No caso dos bombeiros miñoráns (GES) resulta evidente, pois é un corpo que depende directamente da Mancomunidade. Por outra banda, a moción sobre o paseo fluvial, por se tratar dunha obra que comeza en Gondomar pero ten por obxectivo o seu enlace cos paseos da costa que van de Baiona a Panxón, resulta evidente que o seu interese e beneficio tamén é comarcal. En todo caso, á hora de facer efectivas estas dúas mocións ou de buscar finanzamento para as mesmas, sempre terá máis peso facelo como algo que vai beneficiar a máis de 50 mil persoas que a 16 mil.
Para Manifesto Miñor, máis alá da aprobación unánime destas prospostas, cousa que lle agradecemos a todos os grupos muncipais, se cadra, o máis importante foi poder dar o debate no Pleno da Corporación Municipal. Un debate rigoroso, pois así eran as nosas propostas, que deu lugar ao un intercambiando de informacións e a contrastar ideas e propostas con seriedade. Foi un debate que valoramos positivamente. Agora, estaremos atentos para que o acordado se cumpra e non quede no esquecemento nunha gaveta calquera da Alcaldía.
Nesa idea, e coma xa anunciamos no propio Pleno, Manifesto Miñor vai facer un seguimento das xestións que se fagan sobre estes dous asuntos, precisamente para evitar que non morran. Nese sentido convocaremos unha segunda andaina polas beiras do Rio Miñor a mediados de outubro que se fará pública en breve e á que convidaremos a participar de novo á toda a veciñanza da Comarca.
Por nós non vai quedar, pois estamos convencidxs que un paseo fluvial pode salvar o Río Miñor das agresións que leva sufrindo dende hai décadas e ser unha ferramenta de grande utilidade para o progreso, o lecer e a saúde da veciñanza miñorá. De entrada, o feito de retirar as ducias de árbores caídas sobre o leito do río axudaría a mitigar as enchentes do invero e a aumentar a capacidade de arrastre do río evitando colmatacións de area ou eliminando a praga da “Elodea Canadensis”, planta acuática que está afogando o curso baixo do Río Miñor.
Compartimos a parte dispositiva das mocións aprobadas:
MOCION PASEO FLUVIAL:
A APROBACIÓN do incio de todas cantas xestións que sexan necesarias perante as Administricaións Públicas con competencias no asunto: Costas, Augas de Galicia e Xunta de Galicia, etc, así como no seo da Mancomunidade do Val de Miñor por ser un proxecto supramunicipal, co obxecto de recuperar este espazo de extrordinarios valores naturais e devolverlle a sáude para uso e gozo da veciñanza en xeral.
Entendemos que a mellor maneira de facelo sería a través dunha intervención branda e respectuosa cun espazo tan sensible e no límite do soportable, habilitando un paseo ou sendeiro fluvial por unha das beiras do río, como mínimo, dende a Vila de Gondomar até a Ponte d´A Ramallosa que o conecte cos paseos da costa que van de Baiona até Panxón. Pra levar a cabo a devandita intervención consideramos que o mellor xeito de acometer os traballlos sería a través dunha “Escola Obradoiro” polo que ten de implicación e sensibilización directa na poboación da Comarca dende o momento mesmo dos traballos preliminares. Sen dúbida outro efecto beneficioso derivado dunha intervención deste tipo, a maiores dos xa expostos, sería a corrección ou diminución dos efectos negativos das enchentes do inverno.
MOCION PROBLEMÁTICA DO GES
1º.- Demandar do Goberno e da Presidencia de quenda da Mancomunidade de Concellos do Val de Miñor a actuanción urxente exercendo a súas responsabilidades política sobre o GES co obxecto de organizar o servizo e velar polo correcto funcionamento do mesmo: cuadrantes anuais, quendas, reforzos, implatanció dunhametodoloxía de traballo, etc; e coa responsabilidade de actuar deinterlocutor coa a Mancomunidade ou mediar entre as partes nos conflictosexistentes, etc, etc. Outra opción sería que de non querer xestionar o GES porincapacidade, etc, se solicite a integración no Consorcio contra incendiosprovincial.
2º.- Demandar do Goberno e da Presidencia de quenda da Mancomunidade deConcellos do Val de Miñor o comprimento do convenio aprobado no seu dia e aceptado polas partes, e asemade proceder con urxencia a convocar unha bolsa de traballo para o GES que permita a contratación inmediata de efectivos paracubrir baixas laborais, vacacións ou necesidades do servizo. Sería conveniente que os aspirante contasen coas condicións axeitadas no que respeita á categoríasprofesionais, carnet en vigor de conductor de motobomba, etc.
3º.- Proceder á elaboración dun regulamento de réxime interno que defina con claridade as funcions do persoal do GES respectando a categoría profesional pola que están contratados. Dito regulamento será consensuado con todos os traballadores e tendo en conta as achegas que consideren oportuno facer.
4º.- Dar traslado deste acordo ao Goberno da Mancomunidade do Val de Miñor e a todos os membro do Plenario da mesma para que actuen en consecuencia.
En Gondomar, a 7 de outubro de 2022.
Aasdo.: Antonio Araújo Quintas.
Portavoz municipal de Manifesto Miñor