25 de xullo no Val de Miñor: 2ª Romaría Galeguista no Galiñeiro, con izado da bandeira galega

A Patria Galega está presente onde hai galegxs; en todos os recunchos do País, en todos os recunchos do Mundo.

En Manifesto Miñor vimos celebrando na nosa Comarca o 25 de Xullo dende hai anos con diferentes tipos de actos, porque entendemos que a Patria Galega somos todxs, teñamos ou non siglas partidarias!

Este ano, por segunda vez imos izar a bandaira galega na Serra do Galiñeiro, por seren uns montes referenciais, os nosos montes protectores, o noso Olimpo particular cargado de simbolismo, de lendas, de Historia… que fai dese espazo único o máis prezado patrimonio natural e inmaterial que temos e que cómpre defender.

O Acto principal terá lugar ás 12hs o vindeiro domindo día 21, no lugar do curro do Galiñeiro en Vincios co izado da nosa bandeira e o canto do Himno Galego. Trátase dun acto cívico e de irmandade, aberto a toda a veciñanza do Val de Miñor e alén da Comarca que se queria sumar.

VIVA O 25 DE XULLO!

Val de Miñor, 18 de xullo de 2024.

Asdo.: Antonio Araújo Quintas

Portavoz municipal de Manifesto Miñor.

Xullo 19, 2024