1ª andaina por un paseo fluvial entre Gondomar e A Ramallosa

Logo do adiamento da andaina por motivos meteorolóxicos, retomaremos a actividade na seguinte data:

Domingo, 31 de xullo

11:00 horas

Dende o antigo matadoiro de Gondomar ata a ponte da Xunqueira. 

A 1ª Andaina a favor dun paseo fluvial dende Gondomar ata A Ramallosa pola beira do río Miñor desenvolverase o vindeiro 19 de xuño ás 11:00 horas dende o antigo Matadoiro de Gondomar ata a ponte da Xunqueira.

 

De sempre, aqueles proxectos ou obras que perduraron no tempo son os que axudaron a cambiar, para ben, a vida das persoas que viven nas vilas, cidades, etc. Un exemplo disto sería a construcción dun paseo fluvial entre a Vila de Gondomar e A Ramallosa, un proxecto demandado pola veciñanza de Gondomar e de todo o Val de Miñor dende hai máis de 30 anos, cando se construiron os paseos que van pola costa entre Baiona e Paxón. A torpeza e a desidia dos gobernantes, tanto municipais coma galegos, fixo que esta necesidade non se puxese enriba da mesa até o periodo 2007-2009, cando chegou á Alcaldía de Gondomar  Antonio Araúxo en Gondomar, quen redactou e a tramitou un proxecto de paseo fluvial pola beira do Río Miñor, e que a moción de censura de 2009 frustrou até o día de hoxe.

 

Pois ben, agora que os gobernos municiapais da Comarca, da Deputación, do Estado, da Xunta, etc., non fan máis pregoar e falar de economía  verde e sustentable, de reducción de CO2, de camiñar ou andar en bici, en bus, etc., chegou a hora de lle esixir que se mollen e cumpran coa súa obriga de escoitar a demanda da cidadanía neste asunto e, sobre todo, o SOS do Planeta e a loita cotra o cambio climático. 

 

En Manifesto Miñor, forma parte do noso ideario fundacional e dos nosos principios a máxima de  “PENSAR GLOBALMENTE E ACTUAR LOCALMENTE”. Cremos que é o momento de tomar exemplo de modelos que se están a desenvolver por todo o país e, por iso, chamamos a participar a toda a veciñanza do Val de Miñor na 1ª Andaina pola beria do Río Miñor para reivindicar un paseo fluvial. Porque é bo para a nosa saúde, para o coñecemento e a conservación dun espazo privilexiado, para a economía da Comarca en xeral e de Gondomar en particular polo feito de conetar a Vila cos paseos da costa e, obviamente, por que é bo para o Planeta.

 

Trátase dunha andaina de aproximadamente hora e media de duración e dificultade baixa e apta para todos os públicos. Só cómpre traer roupa e calzado axeitados e vir cos ollos ben abertos e en disposición de coñecer a fauna e a flora sorpredentes que imos descubrir da man de especialistas que virán con nós, así como o estado de abandono de moitos tramos do río. Ao remate da andaina, para quen, queira contaremos cunha sesión vermut no “Bar Fontán” en Borreiros.

Xuño 6, 2022

Etiquetas: ,