O proxecto de “Mellora da drenaxe na confluencia dos ríos Miñor e Zamáns en Gondomar” destapa as vergoñas dos proxectos do “tanque de tormentas” e do “pipicán”

Praza de abastos Gondomar

O vindeiro 8 de abril o Pleno do Concello de Gondomar debaterá a proposta do Goberno Municipal sobre o convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Gondomar co obxecto de levar adiante o proxeto “A mellora da drenaxe na confluencia dos ríos Miñor e Zamáns en Gondomar (Pontevedra)” cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) nun 80%, no marco do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020 (Ref. OH.436.931 decembro 2012). Un proxecto cuxo custe ascende á cantidade de 2.237.359,96€.

 

Pois ben, independentemente da calidade ou actualización do proxecto que será avaliado no período de exposición pública, a priemira análise do mesmo e sen entrar no proxecto propiamente dito, deixa ao descuberto, ao entender de Manifesto Miñor unha inmensa trapallada administritativa por non falar doutro tipo de figuras delictivas de maior calado, que en todo caso xa se verá.

 

Como se pode comprobar na documentación que vai a Pleno referida ao devandito proxecto, o mesmo aséntase literalmente enriba dos proxectos do  “Tanque de Tormentas” e  do famoso “Pipican” de D. Paco Ferreira. 

Se seguimos a cronoloxía dos tres devandito proxectos, como xa se dixo estamos diante dunha gravísima irresponsabilidade política e veremos se de algo máis, tanto por parte da Xunta como do propio Goberno Municipal. De entrada estamos falando do despilfarro dunha considerable cantidade de cartos públicos na redacción dos tres proxectos. Para MM tanto o proxecto do Tanque de Tormentas, como o da Drenaxe, non baixan dos 400.000€ cada un.

 

CRONOLOXÍA DOS FEITOS:

O proxecto de “Tanque de Tormentas”,  denominado oficialmente como “Adecuación da Rede de Saneramento no Concello de Gondomar” (OH.336.938), cun orzamento de 3.490.314,31€, foi realizado por Augas de Galicia  ao abeiro do “Plano Hidrolóxico de Galicia 2010-2015” e financiado a conta dos 1.542,7 millóns de € que viñeron da Unión Europea. O devandito proxecto foi redactado en xuño de 2010 e exposto ao público en 2011 (BOP de 7 abril de 2011). Despois da forte oposición veciñal e política, en 2016 é paralizado polo Concelleiro de Urbanismo que naquela altura era quen isto asina, e que deu lugau a un preito contencioso administrativo que a día de hoxo aínda sen resolver.

O proxecto do “Pipicán” promovido polo Concello de Gondomar e financiado pola Deputación Provincial de Pontevedra dentro do “Plan Concellos”, boutou a andar en 2018-19 cun orzamento que ascende á cantidade de 85.000€. Ignoramos por agora o custe do proxecto.

O proxeto “A mellora da drenaxe na confluencia dos ríos Miñor e Zamáns en Gondomar (Pontevedra)” coofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) nun 80%, no marco do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020 (Ref. OH.436.931 decembro 2012), e cuxo custe ascende á cantidade de 2.237.359,96€, foi sacado a concurso público (a súa redacción) por Augas de Galicia en xuño de 2010 e adxudicado en setembro. O visado do mesmo polo Colexio Oficial de Enxeñeiros data do 1/04/2015

Con data 30 de xaneiro de 2018, o Concello de Gondomar que nesa altura tiña en marcha o proxecto do “PIPICAN” solicita por escrito este proxecto do que era perfectamente coñecedor.

 

CONCLUSIÓNS DE MM:

Os proxectos do “Tanque de Tormentas” e da “Mellora da Drenaxe dos ríos Miñor e Zamáns” coinciden no tempo, tanto nos seus preliminares como na redacción dos mesmos, sendo encargados e xestionados polo mesmo organismo “Augas de Galicia”. O proxecto do “Pipicán”, con ser posterior, vén coincidir coas últimas fases da tramitación e do Contencioso dos dous primeiros. É dicir, os responsables políticos destes proxectos eran coñecedores do disparate que tiñan entre mans. Daquela, onde está a irresponsdabilidade?….Para MM resulta evidente que, como mínimo, estamos diante dunha iregularidade con posibles derivas xudiciais consistente en que un mesmo organismo oficial (Augas de Galicia) contrate dous proxectos de tanta envergadura (case 6 millóns de €) a implantar no mesmo lugar e incompatibles entre si, pois non terían cabida nin funcionalidade nun espazo tan reducido.

Dende MM esiximos explicacións públicas aos responsables políticos da Xunta de Galicia de semellanste disparate, para que  aclaren toda esta trama e despilfarro de cartos públicos, comezando por retirar Augas de Galicia a denuncia contenciosa contra o Concello de Gondomar polo asunto do Tanque de Tormentas.

 

En Gondomar, a 1 de abril de 2021.

Asdo. Antonio Araújo Quintas.

Voceiro de MM.

Abril 7, 2021

Etiquetas: , ,