Manifesto Miñor presenta unha moción en defensa da pesca artesanal ao Pleno da Mancomunidade do Val Miñor

A pesca artesanal é garantía dun producto de proximidade e de calidade, pero, ademais, dá traballo a moitas familias da nosa Comarca. Por tanto, entendemos a pesca artesanal como una actividade económica fundamental para o val miñor. Cómpre lembrar, tamñén, que se trata dunha actividade sustentable e respectuosa co mar.

Xa que logo, presentamos a seguinte moción para o seu debate no Pleno da Mancomunidade. Foi aprobada por unanimidade.

O noso mar tamén importa!

Marzo 7, 2019