Manifesto Miñor pon en coñecemento da fiscalía a retención ou “secuestro” das concesións da Praza de Abastos de Gondomar

Despois de agotadas todas as vías politicas e de diálogo co Sr. Alcalde de Gondomar: rogos, preguntas, mocións, denuncias publicas, etc, todo iso tratado co desprezo habitual que o Sr. Ferreira mostra con todo aquilo que vén da oposición;  no exercicio das nosas obrigas como concelleirxs, especialmente a obriga de non mirar para outro lado cando consideramos que pode haber presuntas  vulneracion da lai, foi ese o motivo que nos levou a acudir á Fiscalia pra que tome cartas no asunto, pois ao noso entender o que acontece coas Concesións da Pza de Abastos reviste unha gravidade considerable.

 

Como seguramente sabedes, despois de aprobado o Regulamento da Pza de Abastos en 2012 que dába un prazo de cinco anos pra legalizar a situación dos postos existentes na mesma, o 25 de abril de 2017 o concelleiro do ramo, X. Anton Araúxo, inicia o proceso de licitación dos postos coa publicación no BOPP ese mesmo día.

 

Proceso que  é paralizado polo Sr. Acalde a través dunha resolución e,  posteriormente pola mesma vía e contra os informes da Secretaría Xeral do Concello, decide “outorgar a dedo” os postos.

Despois de dous Fallos do Xdo. do  Contencioso Administrativo nº1 de Vigo anulando semellante disparate legal, ten que ser un Auto do mesmo Xulgado con data 22 de xaneiro de 2020 quen obriga ao Sr. Alcalde a executar definitivamente os devanditos fallos xudiciais.

 

No BOPP de 17 de agosto de 2020 retómase a tramitación e, o 24 de febreiro de 2021 a Mesa de Contratación adxudica os devanditos postos segundo consta en resolución asinada ese mesmo día.

 

Pois ben, un ano despois menos 10 días, e malia o acordo plenario de setembro de 2021 que obrigaba ao Alcalde a entregar as Concesións aos praceirxs en 15 días, xa que  como informou o Secratario Xeral do Concello nese mesmo pleno, coa nova Lei de Contratos a Resolución da Mesa sen a entrega das Concesión é papel mollado, polo que a día de hoxe cabe pensar que o Sr. Ferreira segue dilatando a entrega dos postos da Pza de Abastos aos seus lexítimos adxudicatarios que se encontran traballando nuns postos na máis absoluta precariedade contratual e ao albur dos acontecementos.

 

Estes son os motivos polos que decidimos acudir á Fiscalía, pois entendemos que haxa ou non indicios de posible delicto, non é de recibo que se estea a xogar con traballo e o pan de tantas familias.

Asdo. Antonio Araújo Quintas.

Voceiro de MM.

 

Compartimos a denuncia presentada na Fiscalía.

Febreiro 9, 2022

Etiquetas: , ,