Manifesto Miñor insta ao goberno municipal a atender as necesidades do alumnado de Gondomar para que poida seguir a docencia virtual

Dende o Grupo Municipal de Manifesto Miñor – En Marea vimos advertíndolle ao Goberno Municipal dende o ano pasado, da urxencia de tomar medidas para corririx a fenda dixital existente no concello entre o rural e as zonas máis urbanas. Pois ben, agora por mor da pandemia do COVID-19, esa fenda dixital non só resulta evidente, senón que a maiores, únese á carencia de dispositivos telemáticos  que moitas familias teñen. Isto produce unha gravisima discriminación para todo aquel alumnado que se vexa na necesidade de seguir as clases ou as indicacións dxs profesorxs a través destes dispositvos. Se porriba, tal como se anuncia dende o Ministerio de Educación, se leva adiante a reducción do número de alumnado por aula, e que unha parte dese alunmado teña que seguir as clases vía telemática,  daquela a discriminación dos sectores sociais máis desfavoreciso será total.
Por ese motivo, dende Manifesto Miñor – En Marea presentamos ao pleno unha moción para instar ao goberno municipal a que o Concello tome medidas neste asunto dotando dos aparellos necesarios ao alumnado que o necesite. Sería imperdoable e unha irresponsabilidade política de primeiro nivel que o goberno municipal de Gondomar obviase esta realidade, mentres seus membros cobran unhas xenerosas dedicacións exclusivas.