Manifesto Miñor anima a veciñanza do Val de Miñor a participar da manifestación polo 8M convocada pola Asociación Feminista Area Loura

Val Miñor, 5 de marzo de 2025.- A Asociación Feministas Area Loura é todo un referente na loita polos dereitos das mulleres no Val de Miñor dende hai moito tempo. Como cada marzo, organiza a marcha dende os tres concellos da comarca ata A Ramallosa e a posterior concentración con motivo do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres. Dende Manifesto Miñor, convencidas de que a loita feminista segue sendo necesaria e a conmemoriación destas datas sinaladas unha necesidade para avanzar na sensibilización e concienciación en tempos de viraxe á extrema dereita, animamos a toda a veciñanza do Val de Miñor a participar na mobilización convocada polo movemento feminista miñorá o vindeiro sábado, 8 de marzo, que consistirá, primeiro, nunha marcha que partirá dende cada un dos concellos da comarca ás 11:30, e, a continuación, nunha concentración n’A Ramallosa ás 12:30.

Existe aínda un problema sen resolver: os discursos negacionistas das violencias machistas son cada vez máis habituais e veñen dende as elites mundiais reaccionarias. Por iso, temos que estar todas nas rúas o vindeiro sábado, 8 de marzo, pois só a tavés do movemento feminista é posible visibilizar a forza da loita das mulleres. So deste xeito, a través da mobilización, poderemos conseguir que os gobernos do mundo tomen medidas para erradicar eses problemas.

Seguimos na loita!!!

Marzo 7, 2025