Alegación ao documento de Avaliación Ambiental Estratéxica Ordinaria do PXOM de Gondomar

Vista Concello Gondomar

O Concello de Gondomar tivo o seu primeiro e efectivo instrumento de ordenación territorial no ano 1997, que salvando as diferenzas derivadas do paso tempo, tanto as relacionadas coas esixencias legais como coas demandas sociais que hoxe imperan, houbo un feito de moita relevancia política, e naquela altura mesmo innovador, como foi a prticipación cidadá na elaboración do devandito documento. Foi unha participación activa e informada, imprescindible na elaboración dun documento de tanta transcendecia e repercusión no futuro de calquera territorio e os habitantes do mesmo. Froito daquel debate social e dos consensos acadados entre a sociedade e xs representantes públicxs, o PXOM de 1997 foi aprobado pola Corporación Municipal de Gondomar con 15 votos a favor e só 2 en contra. Despois serían outros motivos máis espurios e de cáculo electoralista quen o botaron abaixo nos tribunais. Dende aquela (ano 2005) todos os gobernos municipais que pasaron polo Concello, calquera que fora a súa cor política, pero sobre todo a cidadanía e a sociedade gondomarense en xeral, tiveron que pagar un alto prezo por esa circunstancia que aínda hoxe está a causar efectos tan negativos como a apetura de expedientes para derrubar vivendas, paralise urbanística, falta de figuras proprias de xestión e protección do territorio, denuncias da APLU, etc. É por iso que a necesidade dun novo PXOM para Gondomar é dunha urxencia extrema sen que a mesma sexa un motivo pra lle furtar tempo ao debate público e á transparencia.

Para MM-EM a ordenación do noso Concello, de calquera concello, vai máis alá das posiblidades edificatorias que se poidan dar, e ten que ver co ordenamento do espazo que habitamos e polo tanto da calidade de vida á que aspiramos, tanto para o presente como sobre todo para o futuro. Nestas
claves serán as nosas achegas, insistindo na participación cidadá informada e, obviamente deixando constancia daqueles aspeitos que consideramos deben ser tidos en conta pra unha correcta proxeción da realidade que nos permita transitar por fórmulas viábeis de ordenamento territorial proprias do S. XXI.