Asemblea Aberta sobre o Regulamento de Participación Cidadá

A Coordinadora de Entidades Veciñais de Gondomar convoca unha Asemblea Aberta para debater o tema do Regulamento de Participación Cidadá, diante da deliberada paralización da súa tramitación e a imposibilidade de debater o documento definitivo en sesión plenaria.

Nesta Asemblea participarán responsables dos distintos grupos políticos que poderán intervir para explicar a súa postura sobre o regulamento e sobre a participación cidadá. De seguro, esta Asemblea Aberta servirá para fixar postura e deixar en evidencia a quen non quere que a veciñanza participe. Pola nosa banda, intervirá o Concelleiro de Participación Cidadá de Gondomar, Xosé Antón Araúxo, para expoñer, máis unha vez, a postura de Manifesto Miñor sobre a participación cidadá e a importancia de que a veciñanza se implique na política municipal e na toma de decisións. Queremos que a xente participe!

Data: Venres 27 de Outubro

Hora: 20:15 horas

Lugar: Centro Neural de Gondomar

 

CONVOCATORIA DE ASEMBLEA ABERTA

Prezadas e prezados representantes de entidades do concello de Gondomar:

Pola presente, convocamos Asemblea Aberta da Coordinadora de Entidades Veciñais de Gondomar, que se celebrará o vindeiro VENRES 27 de OCTUBRO ás 20:15h no CENTRO NEURAL de Gondmar e coa seguinte:

ORDE DO DIA:

  1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
  2. Debate sobre o Regulamento de Participación Veciñal, ao que están convidados todos os grupos políticos representados na corporación municipal para explicar a súa posición ao respecto.
  3. Explícase máis abaixo a mecánica do debate.

  4. Información sobre accións realizadas e toma de acordos sobre novas accións a desenvolver.
  5. Rolda aberta de intervencións e varios.

A convocatoria faise aberta para que poidan asistir e participar todas as veciñas e veciños de Gondomar que o desexen, polo que podemos enviar a convocatoria a todos os nosos contactos.

MECANICA DO DEBATE

O debate consitirá, nunha primeira parte, en que cada representante dos distintos grupos políticos responda as dúas preguntas seguintes:

  1. Que entende a súa organización por Participación Veciñal/Cidadá? (1,5min)
  2. Cal é a posición da súa organización a respecto do Regulamento de Participación Cidadá aprobado inicialmente en setembro de 2016? (1,5min)

A orde de intervención establecese en función dos votos acadados nas eleccións municipais do 2015,  pechándose a rolda coa intervención dunha persoa representante da Coordinadora que responderá as mesmas preguntas que os demais intervintes.

Unha vez rematada a rolda de intervencións, iniciaríase a segunda parte do debate, entre as persoas asistentes á Asemblea, consistente en dúas quendas de palabra pechadas nas que poderá facer uso da palabra quen asi o desexa.

Os representantes dos grupos municipais que así o desexen poderán participar nesta segunda fase do debate.

Dada a importancia dos temas a tratar, é fundamental a participación de tod@s. Por esa razón, pregamos que confirmedes a asistencia de respresntante/s da vosa entidade.

Gondomar, a 20 de octubro de 2016

Un cordial saúdo

A Xunta Xestora

 

Outubro 27th, 2017

Etiquetas: , ,