Manifesto Miñor contra ALTRI

  Manifesto Miñor presentou a semana pasada polo rexistro do Concello unha moción para ser debatida no Pleno do vindeiro 18 de abril en contra da implantación, no corazón de Galicia, dunha macro fábrica de produción de celulosa. Mais, sobre todo, contra un modelo de industria contaminate e letal para o medio ambiente, que nin […]

Le mais Manifesto Miñor contra ALTRI
Abril 12, 2024

Etiquetas: ,

Manifesto Miñor volve levar ao pleno de Gondomar o paseo fluvial entre a vila e A Ramallosa

Dende Manifesto Miñor, volvemos insistir, e agardemos que desta non sexa predicar de novo no deserto, sobre a necesidade de desenvolver o proxecto de paseo fluvial entre a vila de Gondomar e a Ramallosa. Por iso, no vindeiro pleno presentamos unha moción na que instamos ao goberno municipal a realizar todas cantas xestións sexan necesarias […]

Le mais Manifesto Miñor volve levar ao pleno de Gondomar o paseo fluvial entre a vila e A Ramallosa
Abril 10, 2024

O Pleno de Gondomar aproba por unanimidade dúas mocións de Manifesto Miñor para arranxar varios camiños públicos nos barrios de Os Carballás, Entreviñas e Gonda (Morgadáns) e Lousado (Borreiros)

No Pleno da Corporación Municipal de Gondomar do pasado xoves, 7 de marzo, Manifesto Miñor presentou dúas mocións para arranxar varios camiños públicos nas parroquias de Morgadáns e Borreiros, pois son reivindicacións da veciñanza deses barrios e mesmo do movemento asociativo das parroquias. Pois ben, as dúas mocións foron aprobadas por unanimidade, mesmo cos votos […]

Le mais O Pleno de Gondomar aproba por unanimidade dúas mocións de Manifesto Miñor para arranxar varios camiños públicos nos barrios de Os Carballás, Entreviñas e Gonda (Morgadáns) e Lousado (Borreiros)

Manifesto Miñor demandará ao goberno da Mancomunidade o nomeamento dun responsable político para resolver a precaria situación do GES

Como dixemos durante a última campaña electoral, se Manifesto Miñor conseguía volver á Mancomunidade de Concellos do Val Miñor, a nosa prioridade sería traballar por conseguir mellorar os servizos públicos que ese organismo ofrece á veciñanza da Comarca. Un deles é, sen dúbida, o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES), dado que se trata dun servizo […]

Le mais Manifesto Miñor demandará ao goberno da Mancomunidade o nomeamento dun responsable político para resolver a precaria situación do GES
Marzo 5, 2024

Etiquetas: , ,

Manifesto Miñor chama á veciñanza miñorá a participar masivamente nas eleccións galegas do vindeiro 18F

Nunca antes como agora, estiveramos tan preto de botar ao Partido Popular do goberno da Xunta de Galicia. Estamos nun momento histórico, excepcional, e, por iso, dende Manifesto Miñor, unha candidatura de unidade veciñal consolidada na comarca, animamos a toda a veciñanza do Val de Miñor e de todo o País a participar masivamente nos […]

Le mais Manifesto Miñor chama á veciñanza miñorá a participar masivamente nas eleccións galegas do vindeiro 18F
Febreiro 15, 2024

Etiquetas: , ,